A Xunta e o Concello de Sober estudan iniciativas para divulgar a riqueza ambiental e paisaxística do municipio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Sober, Luis Fernández, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente diversas iniciativas de cara a divulgar a riqueza ambiental e paisaxística do municipio.
A conselleira mostrou especial interese polo proxecto municipal de elaborar un catálogo de árbores e formación senlleiras da localidade co obxectivo tanto de garantir a súa conservación como de promover o seu coñecemento entre a veciñanza e os visitantes.
Nesa liña, o rexedor explicoulle a Ángeles Vázquez que o concello conta cunha ampla mostra de diferentes especies, tanto autóctonas como exóticas, cuxa diversidade e peculiaridades de beleza, antigüidade, historia ou rareza merece ser conservada e posta en valor desde o punto de vista ecolóxico, educativo, social e turístico.
Máis polo miúdo, a iniciativa pretende elaborar un documento coa xeorreferenciación cartográfica destes exemplares e formacións singulares que permita aglutinar a variedade, singularidade e riqueza natural do territorio.
A maiores, durante a reunión tamén avaliaron varios proxectos en materia de augas. Así, analizaron a posibilidade de colaborar para acometer varias actuacións como a ampliación da liña de colectores da contorna de Arxeril, a mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da localidade e a optimización da estación de tratamento de auga potable (ETAP).
A conselleira explicoulle ao alcalde que Augas de Galicia estudará as propostas municipais e incidiu en que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.