A Xunta pon en valor entre a mocidade o patrimonio arqueolóxico de Galicia nos seus campamentos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Xuventude visita en Muíños (Ourense) o complexo O Corgo, no que rapazada, de entre 12 e 15 anos, descobre dolmens e ruínas romanas da zona
  • Lara Meneses tamén se achega ao campamento xuvenil 'Penedos de Xacinto' que conta con obradoiros de teatro e propostas deportivas en Entrimo (Ourense)
Imagen del artículo A Xunta pon en valor entre a mocidade o patrimonio arqueolóxico de Galicia nos seus campamentos
Muíños (Ourense), 13 de agosto de 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, achegouse está mañá a Muíños (Ourense) ao campamento Megalítico e arqueolóxico, no que están aloxados rapazada,  entre 12 e 15 anos, e que puxo en valor como parte da estratexia do Goberno galego de levar a cabo un labor didáctico a prol do coñecemento e difusión entre a xente máis nova deste rico patrimonio.

Lara Meneses lembrou que estes campamentos forman parte da campaña O teu mellor verán da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e precisou que, no caso concreto desta actividade, ofrécense medio cento de prazas para poder coñecer o megalitismo da zona. Deste xeito, a rapazada que se aloxa no complexo O Corgo está a ter oportunidade de visitar os dolmens ao pé do Val do Salas, facer rutas de sendeirismo polo Val da Morte ou visitar as ruínas romanas Aquis Querquenis.

Neste senso, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a importancia deste tipo de accións desde o Goberno galego para "a posta en valor da arqueoloxía da nosa terra a través de actividades lúdicas coas que os rapaces e rapazas aprenden mentres que se divirten ao aire libre". 

A directora xeral de Xuventude destacou que este campamento tamén leva a cabo propostas medioambientais como unha visita a Salgueiro para avistar as aguias reais, outras iniciativas relacionadas coa cultura popular, como facer pan nun forno ou xogos tradicionais, ademais de probas de resistencia e habilidade no circuíto Gladiator Race.

Campamento de teatro e aventura na natureza

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén se desprazou hoxe ao campamento xuvenil Penedos de Xacinto de Entrimo (Ourense), que forma parte do programa O teu mellor verán. Entre as propostas que se desenvolverá ata o día o 21 de agosto, con 100 rapaces de entre 9 e 13 anos de idade, realizará actividades relacionadas co teatro, como expresión corporal, ensaios, técnicas de circo, caracterización, maxia e equilibro.

Lara Meneses tamén sinalou outras iniciativas de aventura e deporte que se están a desenvolver neste concello ourensán, como xogos cooperativos, tiro con arco, dinámicas na piscina, aula da natureza ou excursións. Deste xeito, destacou a oferta "lúdico formativa que se desenvolve en toda a Comunidade para que os rapaces galegos poidan gozar duns días diferentes e cheos de iniciativas fomentadas polo Goberno galego".

Programación O teu mellor verán

Lara Meneses fixo fincapé en que a Campaña de Verán da Xunta supón un recurso de conciliación da vida familiar e laboral, "sendo un referente en todo o Estado polo alto nivel das súas actividades". "Así é que se converteu en destino preferente tanto para a mocidade galega como doutras comunidades autónomas e do estranxeiro", aseverou.

No caso concreto deste ano ofertáronse un total de 11.533 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán que dependen da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

As opcións abranguen campamentos para mozos e mozas de entre 9 e 17 anos, actividades para maiores de 18 anos, minicampamentos, campos de voluntariado, o programa Conecta con Galicia para a mocidade galega no exterior e o uso das instalacións xuvenís xestionadas pola Xunta. Ademais, entre as novidades deste ano, está a oferta de novas propostas tanto nos campamentos como nos campos de voluntariado.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/08/2024
393522 {"title":"A Xunta pon en valor entre a mocidade o patrimonio arqueolóxico de Galicia nos seus campamentos","published_date":"2024-08-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"393522"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-13/393522-xunta-pon-valor-mocidade-patrimonio-arqueoloxico-galicia-nos-seus-campamentos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.