Diego Calvo visita os participantes esta fin de semana no XXVIII Autocross Arteixo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Arteixo (A Coruña), 10 de agosto de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou no circuíto José Ramón Losada de Morás, os participantes no XXVIII Autocross Arteixo, organizado pola Peña Autocross Arteixo, que forma parte do calendario de probas do Campionato de España de Autocross (CEAX).
Logo das verificacións técnicas, os máis de 130 participantes nas cinco categorías disputarán na xornada de hoxe a clasificación en dúas mangas e mañá haberá unha terceira antes das finais e a entrega de trofeos. Diego Calvo realizou un percorrido polo circuíto, onde puxo en valor a instalación e lembrou o apoio da Xunta á federación e aos clubs de automobilismo.