A Xunta promociona en Portomarín o consumo dos produtos do mar cunha foodtruck da campaña 'GALICIA SABE AMAR'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Portomarín (Lugo), 9 de agosto de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck de GALICIA SABE AMAR, que se achegou ao concello de Portomarín, para animar ao conxunto da poboación a consumir peixes e mariscos para ter unha dieta máis saudable. Esta iniciativa da Consellería do Mar pretende mostrar a versatilidade dos produtos acuícolas e poñer en valor o traballo que realizan os milleiros de profesionais da comunidade que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a súa posta a disposición dos consumidores.
Nesta liña, o responsable autonómico amosou o seu desconcerto ante a falta de sensibilidade amosada polo Goberno central, que tendo a posibilidade de eliminar o agravio comparativo aos alimentos do sector primario (peixes e carne), decidiu en cambio manter o veto á súa inclusión na cesta da compra de produtos básicos. Unha decisión que leva contribuíndo á redución do consumo de peixe e que instou a cambiar canto antes, pois está golpeando con forza á cadea mar-industria.