López Campos destaca a aposta do 'Festaclown' polo humor "como ferramenta de concienciación social"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O titular autonómico de Cultura resalta a iniciativa como exemplo do "compromiso da Xunta con achegar a actividade cultural a todo o territorio e todos os públicos"
  • O encontro, que conta cunha das subvencións do Goberno galego a festivais de artes escénicas, combina propostas galegas coa presenza de compañías internacionais
  • O cartel acolle catro estreas absolutas e seis en Galicia, como a o espectáculo Magia y humor do ilusionista e conferenciante Miguel de Lucas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 7 de agosto de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na presentación da novena edición do Festaclown, que regresa a Vilagarcía de Arousa do 19 ao 24 de agosto con humor e circo. Unha aposta, tal e como destacou o representante da Xunta, "por valerse destas artes como ferramenta para a concienciación social".

A iniciativa, que conta coa colaboración do Goberno galego a través da convocatoria anual de subvencións para festivais profesionais de artes escénicas, encádrase no obxectivo da Administración autonómica, tal e como lembrou López Campos, "por achegar a actividade cultural a todo o territorio e a todos os públicos como así recolle a Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia que impulsamos desde a Consellería e se está a tramitar no Parlamento". Neste senso, engadiu, "unha mostra do noso compromiso con toda a cidadanía é a gran oferta de propostas, como esta que hoxe presentamos, que se estende por toda a Comunidade no marco do CulturON, a nosa programación de verán".

O Festaclown é un dos 12 eventos apoiados mediante a liña de axudas a festivais de artes escénicas, que en 2024 contou cunha dotación de 280.000 euros, experimentando un incremento de máis do 30% respecto do ano anterior. Deste xeito, como indicou o titular de Cultura, o Goberno galego recoñécelles a estes festivais o seu papel como dinamizadores culturais e como polos de atracción turística, ademais de como plataformas de exhibición da máis recente produción artística de Galicia.

Así, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, felicitou ao director do Festaclown, Nacho Fungueiriño, e ao resto do equipo por esta novena edición, na que o festival se consolida como escaparate para espectáculos galegos de circo, maxia ou narración oral, ao tempo que lle ofrece ao público a posibilidade de gozar de compañías internacionais. O seu desenvolvemento polas rúas e prazas da capital arousá incide positivamente na gran afluencia de espectadores que caracteriza esta cita estival.

Zancos e patíns para a inauguración

Con catro estreas absolutas e seis en Galicia, a carteleira conta como representantes internacionais con Circ Colokolo (Marrocos) e Tchyminigagua (Colombia). Esta última formación, que celebra o seu 40 aniversario, será a encargada de inaugurar o festival o vindeiro día 19 levando os seus zancos en patíns polas rúas de Vilagarcía. O peche do Festaclown correrá a cargo do ilusionista e conferenciante Miguel de Lucas co seu espectáculo Magia y humor, que presenta por vez primeira en Galicia.

Ofrecerase, ademais, un percorrido polo máis destacado do circo español con compañías procedentes de Madrid, País Vasco, Castela e León ou Valencia, comunidade desde onde chega a afamada Ameba Teatre coa estrea galega de Cataplum.

Pola banda de Galicia, prográmanse os espectáculos Pepa a Loba, de Cris Collazo; A nena lentella, de Olga Abad; O útimo que apague a luz, de A Vela Circo; Contos en lila, de Cris de Caldas; Crunch 2, de Muu; Henriko, o feiticeiro, de Simplemente Enricco, e Máis Saaabor!, de Culturactiva.

Ademais, seguindo a liña solidaria e participativa que sempre caracterizou o Festaclown, esta ano colabora coa Fundación Igualarte, a asociación Con Eles e o taller de teatro Clámide, para acoller varias estreas da man de compañías con artistas con capacidades diversas.

Circuíto de festivais diverso e consolidado

A través das súas axudas a festivais profesionais de artes escénicas, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apoia en 2024 unha ducia de citas que configuran un circuíto consolidado e diverso en canto ás modalidades artísticas, temáticas e localización xeográfica.

Ademais do Festaclown, figuran nesta listaxe a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, o Singular Festival Internacional do Monólogo Teatral de Narón, o Festival Internacional de Títeres de Redondela, o Sacra Festival na Ribeira Sacra, Danza no Claustro en diferentes concellos ourensáns, a Mostra de Teatro de Cariño, o Titiriberia de Rianxo, o Festival Internacional de Teatro de Outono de Carballo, o Galicreques de Santiago de Compostela, o Festival Internacional de Teatro de Ourense e o Desfoga de Cambados.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/08/2024
380781 {"title":"López Campos destaca a aposta do 'Festaclown' polo humor \"como ferramenta de concienciación social\"","published_date":"2024-08-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1427837\/20240807DXMVisitaCurtis3.jpg","id":"380781"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-07/380781-lopez-campos-destaca-aposta-do-festaclown-polo-humor-como-ferramenta-concienciacion-social https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.