A Xunta financia a través do Plan Corresponsables as actividades de animación sociodeportiva que a Federación Galega de Fútbol promove en Ferrol
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación da iniciativa que se levará a cabo durante os meses de agosto, setembro, outubro e novembro no polideportivo da Malata e o campo de fútbol de Caranza
- O Plan Corresponsables promove a conciliación a través da habilitación de servizos de coidado profesional ao tempo que fomenta a práctica deportiva entre a poboación máis nova
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 7 de agosto de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación das actividades sociodeportivas a través do fútbol e do fútbol sala que a Real Federación Galega de Fútbol vai desenvolver os próximos meses con cargo ao Plan Corresponsables no ámbito do deporte promovido polas consellerías de Política Social e Igualdade e Presidencia, Xustiza e Deportes.
As actividades, que están dirixidas a mozas e mozos de ata 16 anos, desenvolveranse durante as tardes dos meses de agosto, setembro, outubro e novembro no campo de fútbol de Caranza e no polideportivo da Malata. Teñen carácter gratuíto e estarán guiadas por persoal técnico da federación. Pódese solicitar máis información e formalizar as inscricións a través do correo electrónico: corresponsables@futgal.es.
O Plan Corresponsables, que alcanza este ano a súa terceira edición, financia servizos de coidado profesional con actividades de animación socio-deportivas para nenas e nenos de ata 16 anos. Este ano, polo momento xa que o programa ampliarase para atender todas as solicitudes presentadas, foron 23 as federacións deportivas galegas beneficiarias das axudas deste plan que, segundo salientou a delegada territorial, contou cun orzamento de 1,3 M€. Unha delas, a Federación Galega de Fútbol beneficiouse dunha chega de 69.720 euros.
Segundo destacou Aneiros durante a presentación, con este plan "o Goberno galego pretende promover a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores ao cargo, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación sociodeportivas, á vez que fomenta a práctica deportiva entre a poboación máis nova, achegando distintas modalidades e favorecendo a convivencia e o xogo".
A delegada territorial puxo en valor ademais o compromiso da Xunta coa mellora da calidade de vida a través da práctica deportiva e mostrou o seu convencemento de que a conciliación é o mellor camiño para acadar a igualdade real.