Diego Calvo destaca o fomento do deporte e o escaparate turístico de Ferroterra que supón Equiocio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 3 de agosto de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, os expositores de Equiocio Ferrol 2024 con stands institucionais e turísticos da comarca ferrolá, de produtos do mar do expositor 'Galicia sabe amar' da Consellería do Mar ou o ecomarket. Na penúltima xornada do concurso hípico presenciou algunhas das probas antes da entrega do Trofeo Xunta de Galicia. Durante a visita ao campo das Cabazas en Covas lembrou ademais o reforzo do transporte nestes días con catro servizos directos de autobús para garantir unha mobilidade sostible a este certame de ocio de referencia con máis de 30 anos de historia e punto de encontro para fomentar o deporte e promocionar a cultura e o turismo de Ferrolterra.