Gómez Caamaño reúnese coa presidenta da Federación Autismo Galicia para abordar as demandas e necesidades dos pacientes con TEA
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta destina máis de 43.000 euros á Federación Autismo Galicia a través do último convenio asinado co Servizo Galego de Saúde
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2024 O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reuniuse esta semana coa presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández, para abordar as actividades realizadas pola asociación, así como as demandas e necesidades dos pacientes con trastorno do espectro autista, TEA.
No encontro tamén estiveron presentes o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, e, por parte da federación, Soledad García e Patricia Blanco, secretaria e directora, respectivamente.
No encontro o conselleiro trasladou o apoio da Xunta á Federación Autismo Galicia, que se pon de manifesto coa sinatura anual dun convenio entre esta entidade e o Servizo Galego de Saúde.
En concreto, neste 2024, a Xunta destina máis de 43.000 euros para a realización de diversas actividades dirixidas ás persoas con TEA, ademais da mellora da accesibilidade cognitiva mediante a colocación de sinalización nos centros sanitarios.
A entidade tamén ten solicitado unha subvención da Consellería de Sanidade para a realización de programas de carácter sociosanitario por parte de entidades privadas sen ánimo de lucro. Na convocatoria de 2023, a Xunta financiou con preto de 10.000 euros as súas actividades que benefician aproximadamente 27.000 persoas con este trastorno en Galicia.