A Xunta emite informe ambiental favorable ao proxecto para a conversión do corredor Brión-Noia en autovía
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai pública a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
- O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 km, iniciándose no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finalizando no tramo Martelo-Noia

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024 O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o anuncio polo que a Xunta fai público o informe de impacto ambiental favorable do proxecto de conversión do corredor Brión-Noia en autovía.
Así, unha vez analizado o proxecto construtivo o treito comprendido entre os puntos quilométricos 11+640 e 21+300 e considerando as alegacións presentadas e os informes emitidos polos órganos sectoriais, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emite informe de impacto ambiental favorable dado que non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente.
Con esta resolución, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pon fin á tramitación ambiental do proxecto construtivo, unha decisión que tamén lle foi trasladada á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), como organismo promotor, para que poida continuar cos trámites necesarios para a súa execución.
O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 km, iniciándose no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finalizando no tramo Martelo-Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 km da vía de altas prestacións Brión-Noia, aproximadamente.
A estrada proxectada no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión.