A Xunta reclama ao Goberno central planificación e axilidade na asignación e execución dos fondos europeos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Pide unha cogobernanza real coas comunidades autónomas e que estas axudas vaian acompasadas ás necesidades do tecido empresarial
  • Avoga por converter Galicia nun polo de atracción industrial na Península e por impulsar unha industria de alto nivel tecnolóxico e innovador
  • Destaca o acompañamento que ofrece o Goberno galego ás empresas a través da Oficina Económica de Galicia, que atende unhas 1.000 consultas ao mes desde a súa posta en marcha en abril
  • Remarca que o obxectivo é desenvolver unha política industrial integrada e responsable

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Baiona (Pontevedra), 2 de agosto de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, volveu reclamar hoxe ao Goberno central unha mellor planificación dos fondos europeos, maior axilidade na súa asignación e execución e unha cogobernanza real coas Comunidades Autónomas.

Na súa intervención nun xantar-coloquio organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Lorenzana criticou que catro anos despois de ser anunciados existe unha desconexión entre as necesidades do tecido empresarial e o deseño dos Perte.

Así, a conselleira subliñou que Galicia é, a día de hoxe, a única comunidade autónoma que leva executado máis de tres cuartas partes dos fondos asignados e alertou novamente de que é necesario acompasar estas axudas ás verdadeiras necesidades do tecido produtivo e aos tempos de execución dos proxectos.

Neste sentido, puxo en valor o compromiso da Xunta por facer de Galicia un polo de atracción industrial na Península e destacou que, para iso, o Goberno galego está a ofrecer a máxima axilidade administrativa e medidas de apoio ao tecido produtivo para seguir crecendo e creando emprego de calidade.  "É necesario reducir a burocracia, facilitar os trámites administrativos e achegar a Administración ás empresas", dixo, como a Xunta está a facer dándolles o acompañamento necesario a través da Oficina Económica de Galicia, dependente do Igape. "Desde a súa posta en marcha no mes de abril, atende unhas 1.000 consultas ao mes", apuntou.

En liña con isto, Lorenzana destacou que o obxectivo do Goberno galego é desenvolver unha política industrial integrada e responsable para facer un aproveitamento sustentable dos recursos naturais, impulsando unha industria de alto nivel tecnolóxico e innovador. Ao respecto, mencionou que se está traballando nos plans directores para os sectores estratéxicos de Galicia -como o do naval e a automoción cuxos borradores xa se presentaron- para o desenvolvemento dun mapa industrial de Galicia.

"Non nos imos deter á hora de defender os intereses de Galicia e por iso vimos realizando un impulso de proxectos industriais e, concretamente, de proxectos que identificamos como estratéxicos ou que se están tramitando través do Plan de impulso e aceleración de proxectos industriais". "E vimos de regular o solo público empresarial gratuíto durante os oito primeiros anos", dixo.

Lorenzana subliñou que o obxectivo da Xunta é ofrecer axilidade, facilidades nos procedementos, e acompañamento para converter Galicia nunha comunidade atractiva para as empresas que xa están instaladas e tamén para os novos investimentos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/08/2024
370727 {"title":"A Xunta reclama ao Goberno central planificación e axilidade na asignación e execución dos fondos europeos","published_date":"2024-08-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/108061-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"370727"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-02/370727-xunta-reclama-ao-goberno-central-planificacion-e-axilidade-na-asignacion-e-execucion-dos-fondos-europeos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.