A Xunta apoia a contratación de socorristas en 185 concellos, un 20% máis que en 2023

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou Laxe, un dos concellos beneficiarios da orde de axudas dotada con 1,5M€
  • O incremento dos supostos de financiamento na convocatoria deste ano fixo que un maior número de localidades se interesasen polas axudas e puidesen optar a elas
  • A través desta medida enmarcada no compromiso coas administracións locais, o Goberno galego financia entre o 50 e o 75% dos gastos de contratación deste servizo de competencia municipal
Imagen del artículo A Xunta apoia a contratación de socorristas en 185 concellos, un 20% máis que en 2023
Laxe (A Coruña), 2 de agosto de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe Laxe para comprobar o traballo realizado polo servizo de socorrismo contratado co apoio da Xunta.

Segundo informou o conselleiro, a cifra de concellos beneficiados nesta liña de axudas dotada con 1,5 millóns de euros ascende a 185, o total dos que a solicitaron e un 20% máis que no ano anterior cando foran 155 beneficiarios.

Por provincias, beneficiaranse destas subvencións 53 municipios da provincia da Coruña como o de Laxe, 39 na de Lugo, 57 na de Ourense e 36 na de Pontevedra.

Diego Calvo destacou que a ampliación dos supostos de financiamento na convocatoria de 2024 fixo que un maior número de concellos se interesasen polas subvencións e tivesen opción de recibilas. Así, sinalou que entre as principais novidades, a convocatoria subvenciona os custos salariais no período entre o 1 de xuño e o 30 de setembro para a contratación de persoal dedicado á prestación de servizos de vixilancia, rescate e salvamento en instalación acuáticas descubertas de titularidade municipal ou espazos acuáticos naturais situados no ámbito territorial do municipio.

Ademais, a diferenza de convocatorias anteriores nas que se esixía ao persoal estar en situación de desemprego e figurar no Servizo Público de Emprego, amplíase a cobertura a outros dous supostos: tanto persoal propio da entidade local destinado a este servizo como a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento a través dunha empresa externa. O conselleiro lembrou que en todo caso, as persoas que exerzan esta actividade deben estar dados de alta no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Axudas de ata 35.000€

Dos 185 concellos beneficiados e segundo os criterios de puntuación establecidos na orde de axudas, oito recibirán o 75% dos gastos para a contratación de socorristas, con ata 35.000 euros, outros nove recibirán o 65%, con ata 22.165 euros, e 25 -entre eles Laxe- o 60%, con ata 15.000 euros. Os 143 restantes recibirán o 50% do orzamento presentado, con ata 10.000 euros.

Así, pese a que a vixilancia de praias e lugares públicos de baño e o seu mantemento compete aos concellos, a Xunta, no marco do seu compromiso coas administracións locais, contribúe a fomentar a prestación do servizo de socorrismo por parte dos municipios nas épocas de maior concorrencia, como é a tempada estival. Por outra banda, a Xunta tamén regula a formación que deben reunir estes profesionais. 

Nesta liña, en 2021 aprobouse un decreto -en consenso coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Cruz Vermella e outras entidades- que ampliou e flexibilizou as vías de acceso para traballar como socorristas e en 2023 aprobáronse novas modificacións -tamén consensuadas coa Fegamp  e  as asociacións e colectivos que traballan neste ámbito- para incrementar aínda máis as vías de acceso e as entidades capacitadas para a formación.

Cómpre lembrar que, tamén de cara a época estival, a Xunta conta con outras medidas para garantir a seguridade nos municipios máis turísticos como é o caso das subvencións para a contratación de auxiliares de Policía Local.

Máis de 100.000€ investidos este ano en Laxe

No que se refire ao concello de Laxe, a axuda da Xunta para a contratación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento na praia e na piscina municipal foi de 15.000 euros, que se suman aos 105.000 concedidos este ano no marco doutras liñas de axudas. Así, ao abeiro da orde de infraestruturas vaise mellorar a envolvente da escola unitaria de Traba e no marco do Fondo de Compensación Ambiental reforzarase o equipamento para a protección do medio natural.

Ademais, o concello recibirá do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local preto de 48.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética do pavillón e do campo de fútbol municipal, entre outras achegas. O conxunto das contías destinadas a Laxe a través das distintas liñas de apoio ao eido local suman nos últimos anos 368.000 euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/08/2024
370629 {"title":"A Xunta apoia a contratación de socorristas en 185 concellos, un 20% máis que en 2023","published_date":"2024-08-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"370629"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-02/370629-xunta-apoia-contratacion-socorristas-185-concellos-20-mais-2023 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.