Arias visita aos pilotos que adestran no circuíto Jorge Prado durante esta semana
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 1 de agosto de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá o circuíto Jorge Prado para dar a benvida a varios pilotos que esta semana fan uso das instalacións xestionadas por MotoPark Lugo para os seus adestramentos preparatorios das distintas probas nas que participan ao longo do ano.
Entre estes deportistas, que adestran desde hoxe e ata o vindeiro domingo, figura a entrenadora Gabriela Seisdedos, cunha destacada traxectoria na que resalta o título de campioa de España en Motocross.
Arias lembrou "o apoio que desde o Goberno galego se brinda a MotoPark nas actividades que desenvolven durante todo o ano, que xeran un retorno económico na cidade e consolidan o posicionamento deste circuíto, homologado internacionalmente para as probas do mundial deste ano".