A Xunta incrementa a oferta turística deste verán en Ferrol co seu apoio ao Nachiños Fest
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial, Martina Aneiros, presentou esta mañá o festival que adiante por primeiro ano a súa celebración ao mes de agosto
- O evento terá lugar os días 16 e 17 de agosto no campo das Cabazas, en Covas, e terá como cabeza de cartel á banda nacional Pignoise

Ferrol, 1 de agosto de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá na tenda Waves, a quinta edición do Nachiños Fest, que por primeiro ano adianta a súa celebración ao mes de agosto, concretamente aos días 16 e 17. A cita terá lugar no campo das Cabazas, en Covas, e volve contar un ano máis co respaldo do Goberno galego a través de Turismo de Galicia.
Acompañada de representantes do Concello de Ferrol e da organización do evento, Aneiros salientou o cartel "de luxo" desta nova edición coa banda nacional Pignoise á cabeza. Xunto a eles haberá outras caras coñecidas do panorama nacional e galego como Carlangas y Los Cubatas, Ortiga, Karavana, Blackpanda, Carlos Ares, Futuro Alcalde, Catuxa Salom, Señora DJ e Souler(es).
A delegada territorial destacou na súa intervención o compromiso da Xunta con eventos como o Nachiños Fest que "non só brindan entretemento de alta calidade, senón tamén fomentan o turismo, concretamente o turismo de festivais que tan boas novas nos está a dar nos últimos anos a nivel de datos de visitantes; apoian a artistas nacionais emerxentes e fortalecen o noso tecido social".
As entradas para asistir ao festival xa están á venda na páxina oficial do Nachiños Fest. Oscilan entre os 24 euros que custa a entrada do venres e os 43,77 euros do abono das dúas xornadas. Ademais, como todos os anos, haberá dispoñible unha zona de acampada á que se poderá acceder por un custo de 20 euros por persoa por ámbolos dous días de festival.