María José Gómez pon en valor o dinamismo do rural nas festas da Terceira idade e da Xuventude de Guntín
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Guntín (Lugo), 31 de xullo de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu este mediodía á Festa da Terceira Idade de Guntín, celebrada no polideportivo do CPI Tino Grandío desta localidade luguesa, onde se reuniu cos veciños e destacou a importancia da comunidade e da xuntanza social como instrumento dinamizador da convivencia e da calidade de vida no rural.
A titular de Medio Rural tamén se achegou despois, a última hora da tarde, á cita coa mocidade deste concello lucense, na Festa da Xuventude. Nela, Gómez estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Esta cita contou con actividades para os máis pequenos durante a tarde e rematou cunha verbena.