Alfonso Villares destaca a xeración de riqueza e emprego que hai detrás da industria entorno á actividade pesqueira
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Muras (Lugo), 30 de xullo de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou as instalacións empresa lucense Tepsa no concello de Muras dedicada á fabricación de caixas de plástico e outros produtos para o sector alimentario especializada no sector pesqueiro. O responsable puido coñecer da man dos seus responsables a actividade que se realiza nesta factoría, unha das 8 plantas e 16 centros loxísitcos que ten o Grupo Plásticas Ferro en España e Marrocos. Alí puxo en valor a riqueza e emprego que hai detrás da industria vencellada á actividade pesqueira, e a súa contribución esencial ao liderado internacional deste sector estratéxico da economía galega. Nesta liña, sinalou a importancia de que Galicia conte con empresas competitivas neste eido e destacou que esta empresa é, a día de hoxe, líder na fabricación de envases de plástico reutilizables destinados á pesca.
Tepsa, en cuxo accionariado participa o Porto de Celeiro S.A., comezou a súa actividade en Muras no ano 1999, abrindo unha década máis tarde unha nova liña de produtos (Flotar) dirixida ao sector acuícola, formada por tubos flotantes articulados e pezas de suxeción que permiten a contrucción de todo tipo de estructuras flotantes, desde puntas e palangres ata gaiolas para peixes e pontóns. Co obxectivo de diversificar a súa oferta, a empresa con cunha sección de carpintería plástica que permite a fabricación dunha serie de elementos auxiliares feitos a medida como mesas de almacén, caixóns, estantes ou palés.