María José Gómez reafirma a aposta da Xunta pola remuda xeracional no agro na clausura da IV Escola de Iniciación de futuros gandeiros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Nesta cita, a titular de Medio Rural animou á mocidade a seguir vencellada ao rural e a apostar por el, aproveitando o apoio que se lle presta por parte do Goberno autonómico
- Lembrou que nesta lexislatura porase en marcha un Plan de fomento da remuda xeracional "amplo e cunha perspectiva transversal, baseado na formación, a sensibilización e a incorporación ao agro"
- Fixo mención ás axudas para mozos e ao impulso á Formación Profesional Dual como algunhas das iniciativas da Xunta neste eido
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lalín (Pontevedra), 30 de xullo de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; polo alcalde de Lalín, José Crespo; e o presidente da Federación Frisona Galega (Fefriga), Manuel Sandamil; animou hoxe á mocidade "a seguir vencellada ao rural e a apostar por el, aproveitando o apoio que se lle presta por parte da Xunta de Galicia". Na clausura da IV Escola de iniciación de futuros gandeiros e entrega de mencións ás mellores explotacións, organizada por Fefriga e o Clube de Xóvenes Gandeiros, puxo en valor as diferentes liñas de traballo do Goberno autonómico a prol da remuda xeracional no agro.
Así, a conselleira resaltou o investimento de 164 millóns de euros en axudas xestionadas pola Xunta, que propiciou a incorporación á actividade agrogandeira en Galicia duns 5.000 mozos. Trasladou ademais que neste ano 2024 o número de solicitudes para esta liña de achegas ascendeu a máis de 400 e salientou tamén que se puxo en marcha, por primeira vez, unha nova convocatoria de subvencións específica para persoas de entre 41 e 55 anos, que rexistrou máis de 170 solicitudes.
A maiores, Gómez lembrou que nesta lexislatura porase en marcha por parte do Goberno autonómico un Plan de fomento da remuda xeracional "amplo e cunha perspectiva transversal, baseado na formación, a sensibilización e a incorporación ao agro". Nesta liña, remarcou, dende a Consellería "buscamos revalorizar e visibilizar na sociedade en xeral as profesións vinculadas ao campo".
Formación para o rural
En relación específica coa formación para o rural, a conselleira reiterou a aposta da Xunta por iniciativas como a Formación Profesional Dual, con novos ciclos que se estrearán o vindeiro curso 2024-2025, en liña coa Consellería do Educación, nos seis centros propios da Consellería no territorio galego, destacando a "formación práctica para que poidades ter un contacto máis directo coa realidade laboral e cos profesionais, como o tivestes estes días en Mouriscade".
Distincións honoríficas
Neste acto, Fefriga entregou as distincións honoríficas 2024 ás mellores explotacións de Galicia, concedidas a partir dos datos recollidos no control do rendemento leiteiro feitos polas diferentes asociacións provinciais de gandeiros para o control do rendemento leiteiro (Africores).