Lorenzana e a alcaldesa de Riós abordan proxectos de eficiencia enerxética no municipio ourensán
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A xuntanza serviu para poñer en común diversos instrumentos de apoio local
- A titular de Economía e Industria reafirma o apoio da Xunta ao concello, empresas e veciños de Riós

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2024
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa do municipio ourensán de Riós, Eva María Barrio López, con quen abordou diferentes necesidades do municipio e puxo en común diversos instrumentos de apoio ao concello, con especial fincapé nos proxectos de eficiencia enerxética.
Na xuntanza, enmarcada na rolda de encontros da titular de Economía e Industria con alcaldes e alcaldesas da comunidade galega, a rexedora de Riós interesouse pola nova Oficina Económica de Galicia e o seu rol dinamizador e asesor para as empresas, así como por acometer actuacións de eficiencia enerxética no concello, por exemplo, a través da implantación de enerxías renovables.
Deste xeito, o concello ourensán pode verse beneficiado das axudas e subvencións que ofrece a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega). A Xunta ofrece diversas liñas de axuda en materia de eficiencia enerxética dirixidas a entidades locais, empresas ou particulares que, en total, xa superan os 50 millóns de euros investidos en sectores como a industria, os servizos ou a agricultura, entre outros.