A Xunta impulsa a mellora na eficiencia enerxética no centro deportivo con piscina da Pastoriza

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron a instalación para coñecer as accións previstas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
  • Substituirase o xerador de calor para a climatización dos locais e o quentamento do vaso
  • Unha vintena de concellos de Lugo recibiron achegas do Goberno galego ao abeiro desta liña dotada con 5 millóns de euros e dirixida a municipios con menos de 15.000 habitantes
Imagen del artículo A Xunta impulsa a mellora na eficiencia enerxética no centro deportivo con piscina da Pastoriza
A Pastoriza (Lugo), 30 de xullo de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o concello da Pastoriza para coñecer as actuacións de mellora da eficiencia enerxética que se prevé realizar no centro deportivo con piscina e que contan co apoio da Xunta. O Goberno galego colabora no proxecto cunha achega de 60.000 euros no marco da liña do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos cunha poboación inferior a 15.000 habitantes.

Segundo explicou a directora xeral, vaise cambiar a caldeira de gasóleo por un sistema de dúas bombas aerotérmicas, o que permitirá un aforro enerxético do 40% así como unha considerable redución nas emisións de CO2.

As actuacións previstas enmárcanse na liña do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local deste ano, dotada con 5 millóns de euros e destinada á mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais, con prioridade para as instalacións deportivas. Na provincia de Lugo houbo 18 concellos beneficiarios, que recibiron achegas por un importe global de case un millón de euros.

Preto de 1M€ investidos na Pastoriza

A maiores da achega para as melloras no centro deportivo con piscina, neste exercicio A Pastoriza benefíciase tamén do apoio da Xunta para melloras da rede de abastecemento municipal e para os gastos de contratación do persoal para mantemento de espazos naturais na Mancomunidade da Terra Cha e da brigada de apoio aos servizos municipais da rede de abastecemento, conxunta con Riotorto. Estes financiamentos suman preto de 125.000 euros no marco no Fondo de Compensación Ambiental, dotado con máis de 12 millóns de euros e destinado a accións que repercutan na mellora da contorna natural.

Nos últimos anos o Goberno galego investiu preto de un millón de euros en proxectos impulsados polo concello da Pastoriza a través de distintas liñas de apoio ás administracións locais. Así, o ano pasado financiáronse o equipamento do Centro de Interpretación Alto Miño e Fonmiñá e o anteproxecto para a instalación de contadores nos mananciais de captación, e o persoal para mantemento dos espazos naturais da Mancomunidade da Terra Cha, así como a renovación da capa de rodaxe de diferentes vías nunha iniciativa conxunta con Meira a través do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas de uso público. O orzamento global sumou máis de 100.000 euros.  A maiores, só en 2023 a localidade recibiu preto de 250.000 euros do fondo base do Fondo de Cooperación Local.

Natalia Prieto referiuse á aposta que está a facer a Xunta polo impulso da eficiencia enerxética nas infraestruturas públicas, cunha liña específica de axudas no marco do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local.

A directora xeral incidiu tamén no compromiso da Xunta cos concellos a través de diversas medidas que facilitan melloras en infraestruturas e servizos locais básicos para a veciñanza. Así, neste exercicio o investimento autonómico para apoiar as administracións locais supera os 600 millóns de euros. O obxectivo é favorecer o equilibrio territorial e garantir a calidade de vida da poboación galega con independencia do seu lugar de residencia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/07/2024
361289 {"title":"A Xunta impulsa a mellora na eficiencia enerxética no centro deportivo con piscina da Pastoriza","published_date":"2024-07-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/107095-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"361289"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-30/361289-xunta-impulsa-mellora-na-eficiencia-enerxetica-centro-deportivo-piscina-da-pastoriza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.