A Xunta destaca o papel de mostrar na comercialización e visibilización da marca Artesanía de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na inaguración de Mostrart
  • Nesta 40 edición, que se celebra na Coruña ata o 25 de agosto, participan 54 obradoiros rexistrados en Artesanía de Galicia que amosarán o seu traballo en diferentes quendas e en horario de 11,00 a 14,00 e de 17,30 a 22,00 horas
  • Na programación de actividades vinculadas á feira inclúese "Oficios ao sol", unha serie de obradoiros abertos para introducir os visitantes en oficios como a ourivería, o coiro, a elaboración de xoguetes, o pregado de papel, a bixutería ou a cerámica

A Coruña, 27 de xullo de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na inauguración da 40 edición de Mostrart, que se celebra nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña ata o domingo 25 de agosto. Durante a súa visita, Gabriel Alén destacou que se trata dunha das feiras de venda directa de artesanía de maior relevancia en Galicia, que contribúe de maneira significativa ao impulso da comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia e da visibilización dos nosos oficios artesanais e da heteroxeneidade do sector.

Nesta edición de Mostrart participan en diferentes quendas un total de 54 profesionais da marca Artesanía de Galicia, especializados en oficios coma o coiro, a xoiería, o encaixe, a elaboración de xoguetes, a cerámica, o tecido, a bixutería, a manipulación do papel, o calzado, o torneado de madeira, a decoración de teas, os arranxos florais, os instrumentos musicais, o oficio das colareiras e mais os complementos de moda.

A feira, que está organizada pola Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña, conta co apoio da Xunta e da Deputación da Coruña. O horario de apertura será de 11,00 a 14,00 e de 17,30 a 22,00 horas.

Entre os participantes de Artesanía de Galicia desta 40 edición atópanse 27 obradoiros da provincia da Coruña, 8 de Lugo e 19 de Pontevedra. Da cidade da Coruña proceden os obradoiros A Feitura, Amodiño Arte Floral, Artefíos, Carla Alfaia, Chueco, El Taller muy secreto, Geli Fraga, Manolo Cremallera, Pasamarela e Paz Navas. Os obradoiros de Gondomar, Las flores de Greta, Liño e la e Zimzelatum; os de Lugo, Tres Caracoles e A Sariña Maquinando; Bruxarte e Santín Cuero, de Cambre; os obradoiros de Pontedeume Hana no Boshi e Artesanía Nia; os de Quiroga, Patapúm, Armaior e Enxógate; os talleres composteláns María Feijóo, Laura Triñanes e Sanín; e os de Vigo, Antolín Piel, Mario López, Sánchez Cano, Taller Cruz e Flecharte. O resto dos participantes son Ardentia (Bergondo), Cabuxa (Tui), Casperlota (Paderne), Chorima (O Porriño), Coiro tres pés (Pontevedra), Cunqueiro (Palas de Rei), Enbabia (Redondela), Encaixes Melania (Camariñas), Hiar Artesania (Salvaterra de Miño), Joyas de papel (Nigrán), Laia Zapateiros (Melide), Latexo (Oleiros), Liño de Galicia (Vimianzo), Marica da Berza (Abegondo), Mioco Deseños (Ordes), Montse Betanzos (O Grove), Otero Regal (Viveiro), Roberto Buchanan (Poio), Rosa Higuero (Cabanas), Silvereira (Ames), Uxía Castro (Mos), Ventanas al pasado (Ponteareas), Vidal Revilla (Cervo) e Xacarandá (Bueu).

Oficios ao sol

Na programación desta 40 edición de Mostrart, inclúese a iniciativa Oficios ao sol, que consiste nunha serie de obradoiros abertos e gratuítos que impartirán diferentes artesáns que participan na feira e que se celebrarán os luns e os martes, en horario de 11,00 a 14,00 e de 18,00 a 21,00 horas.

O luns 29 de xullo terá lugar un obradoiro de coiro para maiores de 12 anos, a cargo de Tres Caracoles, mentres que o martes 30, celebrarase un taller de pregado de papel con Mioco Diseños, en quendas de tres horas, para maiores de 14 anos. O 5 de agosto, Carla Alfaia encargarase dun obradoiro de ourivería para maiores de 18 anos, e o martes 6, artesanía Silvent impartirá un de xoguetes para maiores de 5 anos. O 12 de agosto, está programado un obradoiro de bixutería con Artesania Nia, a partir dos 10 anos, e o martes 13, Víctor Ares dirixirá un taller de cerámica en quendas de tres horas, cun máximo de 6 persoas por quenda. Na última semana da feira está previsto un taller de Elaboración de papel, a cargo de Papeles para sentir, o luns 19 de agosto, para maiores de 5 anos, e o martes 20, un de cerería dirixido por Pecoreados artesanía, para nenos de entre 5 e 15 anos, en quendas de hora e media.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
355267 {"title":"A Xunta destaca o papel de mostrar na comercialización e visibilización da marca Artesanía de Galicia","published_date":"2024-07-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106544-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"355267"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-27/355267-xunta-destaca-papel-mostrar-na-comercializacion-e-visibilizacion-da-marca-artesania-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.