A Xunta pon de relevo no Uruguai a súa aposta polo emprendemento e pola xeración de emprego para fixar poboación no rural

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Na súa reunión co ministro, José González destacou ferramentas como a Rede de polos de emprendemento ou a pioneira aplicación da intelixencia artificial nas oficinas de emprego para casar oferta con demanda, na que se amosaron interesados
  • Tamén se reuniu con empresarios e con colectividade galega no Uruguai, ademais de visitar o Hogar Español de Ancianos
  • Nas próximas horas, verase con entidades galegas en Montevideo, ademais de visitar a exposición Viaxeiros, mariñeiros e emigrantes e de asistir ao Festival de grupos culturais do Centro Galego da capital uruguaia 

Montevideo (O Uruguai), 27 de xullo de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continúa a súa viaxe oficial pola Arxentina e O Uruguai, que o levou a reunirse co ministro de Trabajo y Seguridad Social uruguaio, Mario Aristy, para establecer sinerxías en materia de emprego tendo en conta non só o importante papel do empresariado galego afincado no país no desenvolvemento da súa economía, senón tamén as posibilidades de crecemento que ofrece a colaboración entre ambas administracións. 

Entre as cuestións que trataron, na compañía tamén da delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, do subsecretario do Ministerio de Trabajo y Seguridad Social uruguaio, Daniel Pérez, e do inspector xeral de Trabajo y Seguridad Social, Tomás Teijeiro,  incluíuse a estratexia que fixo a Galicia merecedora do recoñecemento como Rexión Emprendedora Europea 2025. Dita estratexia, segundo explicaron, fundaméntase en medidas como a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego do Goberno autonómico que con 14 centros activos na actualidade está conseguindo dinamizar a economía galega e fixando poboación, especialmente no rural. 

Así mesmo, os representantes do executivo uruguaio amosaron interese pola ferramenta EMi de intelixencia artificial pioneira en España e en Europa e que -aplicada nas 54 oficinas de emprego da nosa Comunidade- está axudar a casar oferta e demanda en tempo real, para dar resposta ás necesidades concretas de perfís profesionais das nosas empresas. 

A situación óptima de Galicia para seguir xerando riqueza e emprego tamén centrou a reunión que o conselleiro e o secretario xeral da Emigración, xunto coa delegada da Xunta no Uruguai, mantiveron con representantes da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU).  No encontro agradecéuselles o compromiso coa promoción e captación de investimentos, subliñando a importancia do seu traballo para fortalecer os lazos económicos entre Galicia e O Uruguai.

Colectividade galega no Uruguai

A axenda oficial tamén incluíu un encontro coa colectividade galega no Uruguai no Centro Orensano de Montevideo, no que participaron preto dun cento de persoas e que permitiu fortalecer as relacións coa diáspora e reafirmar o compromiso de apoio por parte da Xunta de Galicia. Alí, o conselleiro expresou que "como ourensán síntome orgulloso de ver como os centros que representan a miña provincia no exterior manteñen vivos os lazos con Galicia". 

Tamén visitaron o Hogar Español de Ancianos, onde os representantes autonómicos departiron coas persoas residentes que alí conviven compartindo as súas experiencias e lembranzas do seu país de orixe. Nas instalacións, José González comprometeuse a asegurar a continuidade do centro no marco da colaboración da Xunta coas institución sociais que acollen os galegos no exterior, destacando a súa relevancia como punto de encontro e apoio para as persoas de máis idade.

Resto da axenda no Uruguai

Nas próximas horas, os representantes autonómicos manterán un encontro cos presidentes das entidades galegas en Montevideo, para abordar o futuro deste tipo de institucións como garantes da cultura e lingua galegas. 

Así mesmo, e antes de volver á Arxentina, visitarán a exposición Viaxeiros, mariñeiros e emigrantes, sobre historias de vida, logros e dificultades dos galegos que emigraron; e asistirán ao Festival de grupos culturais do Centro Galego de Montevideo. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
354707 {"title":"A Xunta pon de relevo no Uruguai a súa aposta polo emprendemento e pola xeración de emprego para fixar poboación no rural","published_date":"2024-07-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106754-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"354707"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-27/354707-xunta-pon-relevo-uruguai-sua-aposta-polo-emprendemento-e-pola-xeracion-emprego-fixar-poboacion-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.