José González reafirma o apoio da Xunta ao Hogar español de Ancianos en Montevideo pola súa relevancia para os galegos residentes no Uruguai

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Emprego tamén visitou a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU), á que agradeceu o seu compromiso na promoción e captación de investimentos
  • González mantivo ademais un encontro coa colectividade do Centro Orensano de Montevideo: "Como ourensán síntome orgulloso de ver como os centros que representan a miña provincia no exterior manteñen vivos os lazos con Galicia"

Montevideo (O Uruguai), 27 de xullo de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, salientou durante a súa visita ao Uruguai a importancia do Hogar Español de Ancianos en Montevideo para a comunidade galega e para o país en xeral. Acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e pola delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, González comprometeuse a asegurar a continuidade do centro no marco da colaboración da Xunta coas institucións sociais que acollen os galegos no exterior, destacando a súa relevancia como punto de encontro e apoio para as persoas de máis idade.

Durante a súa estancia no Uruguai, José González, xunto a Rodríguez Miranda e Domínguez Alonso, tamén visitou a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU). Nesta visita, agradeceu aos empresarios o seu compromiso coa promoción e captación de investimentos, subliñando a importancia do seu traballo para fortalecer os lazos económicos entre Galicia e O Uruguai.

O conselleiro mantivo ademais un encontro coa colectividade do Centro Orensano de Montevideo, onde expresou: "Como ourensán síntome orgulloso de ver como os centros que representan a miña provincia no exterior manteñen vivos os lazos con Galicia". Este encontro permitiu fortalecer as relacións coa diáspora e reafirmar o compromiso de apoio por parte da Xunta de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
354706 {"title":"José González reafirma o apoio da Xunta ao Hogar español de Ancianos en Montevideo pola súa relevancia para os galegos residentes no Uruguai","published_date":"2024-07-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106754-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"354706"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-27/354706-jose-gonzalez-reafirma-apoio-da-xunta-ao-hogar-espanol-ancianos-montevideo-pola-sua-relevancia-os-galegos-residentes-uruguai https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.