A Xunta traslada aos empresarios as oportunidades de axuda para a dotación de banda longa a Pemes

Imagen del artículo A Xunta traslada aos empresarios as oportunidades de axuda para a dotación de banda longa a Pemes

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, reuniuse coa Comisión de Dixitalización da Confederación de Empresarios de Galicia
  • Na actualidade está en marcha unha convocatoria de axudas para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e áreas loxísticas
  • Os empresarios recibiron tamén información sobre o anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2024

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, mantivo esta semana un encontro cos integrantes da Comisión de Dixitalización, Innovación e Economía Verde da Confederación de Empresarios de Galicia na que informou sobre a nova convocatoria de axudas para a dotación de banda longa a Pemes en polígonos industriais e áreas loxísticas.

Estas axudas, que foron publicadas o pasado mércores no Diario Oficial de Galicia, forman parte das actuacións do programa Único xestionadas polas Comunidades Autónomas cunhas condicións predefinidas polo Estado. Esta liña de apoios a empresas conta cun orzamento de 4,5 millóns de euros. As empresas poderán optar a axudas de ata 60.000 euros.

No encontro, que tivo lugar na Confederación de Empresarios de Galicia, o director da Axencia autonómica informou tamén sobre os contidos do anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia, que será debatida este ano polo Parlamento de Galicia. Cerviño trasladou aos empresarios que o texto legal prevé o establecemento de axudas e incentivos fiscais para proxectos empresariais que incorporen a intelixencia artificial. Tamén trasladou que a lei incide en aspectos como a formación ou a creación, retención e atracción de talento nesta materia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
354705 {"title":"A Xunta traslada aos empresarios as oportunidades de axuda para a dotación de banda longa a Pemes","published_date":"2024-07-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106546-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"354705"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-27/354705-xunta-traslada-aos-empresarios-as-oportunidades-axuda-dotacion-banda-longa-pemes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.