A Xunta mantén aberto o prazo para que os concellos se acollan ás novas axudas para habilitar viviendas dirixidas a persoas sen fogar

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destínanse 5,7 millóns de euros a esta convocatoria, que permanecerá aberta ata o vindeiro día 5 de agosto
  • O importe máximo por proxecto será de 72.000 euros e se financiarán as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro deste ano e o 31 de outubro de 2025

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2024

A Xunta mantén aberto ata o vindeiro día 5 de agosto o prazo para que os concellos se acollan á nova orde de axudas para realizar actuacións de rehabilitación e equipamento de edificacións para vivendas destinadas á atención de persoas sen fogar. O orzamento desta convocatoria é de 5,7 millóns de euros e realízase no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU).

As bases que regulan estas achegas pódense consultar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 3 do pasado mes de xullo. O importe máximo por proxecto será de 72.000 euros: 47.000 para os traballos de reforma e acondicionamento, e 25.000 para o equipamento. Ademais, financiaranse as actuacións realizadas no período comprendido entre o 1 de xaneiro deste ano e o 31 de outubro de 2025.

Galicia foi pioneira na atención ás persoas sen fogar coa posta en marcha dun plan específico para elas que o Executivo autonómico desenvolveu da man das administracións locais e de entidades de iniciativa social. Este plan dedícalle unha especial atención á área de vivenda, fixándose como obxectivo que as persoas sen teito conten cun fogar como paso inicial e básico para a súa reinserción social. 

 

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
354389 {"title":"A Xunta mantén aberto o prazo para que os concellos se acollan ás novas axudas para habilitar viviendas dirixidas a persoas sen fogar","published_date":"2024-07-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106495-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"354389"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-27/354389-xunta-manten-aberto-prazo-os-concellos-se-acollan-as-novas-axudas-habilitar-viviendas-dirixidas-persoas-sen-fogar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.