A Consellería de Sanidade aborda con AGAMUS as potencialidades da música con fins terapéuticos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta e a asociación colaboran no desenvolvemento de actividades de dinamización a través do son e da música no Hospital Universitario de Ourense
- Con esta actividade búscase reducir a sensación de dor e a ansiedade dos pacientes, posto que a musicoterapia contribúe a distraer a súa atención
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a presidenta da Asociación Galega de Musicoterapia (AGAMUS), Montserrat López Merino, abordaron as potencialidades da música con fins terapéuticos.
Durante a reunión, que tivo lugar no Edificio Administrativo de San Lázaro e á que tamén asistiu o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, a presidenta de AGAMUS presentou a formación, pioneira en España, relacionada coa Musicoterapia Científica Aplicada, onde os estudantes musicoterapeutas fan prácticas dentro do voluntariado e rotación por toda Galicia.
A Xunta e a asociación veñen mantendo unha liña de colaboración para o desenvolvemento de actividade de dinamización a través do son e da música no Hospital Universitario de Ourense.
De feito, no pasado mes de xuño asinouse a prórroga, por catro anos máis, do acordo entre a Consellería de Sanidade e AGAMUS que foi rubricado en xuño de 2020 para o emprego do son e da música con fins terapéuticos.
Esta iniciativa trata de mellorar a realidade hospitalaria e a súa atención, a través de actividades de dinamización que se realizan na zona "Agora" e nas entradas dos andares de hospitalización, así como actividades de musicoterapia naqueles servizos do hospital que así o soliciten.
Estas actividades buscan reducir a sensación de dor dos pacientes, posto que coa axuda da musicoterapia pódese distraer a súa atención e diminuír a percepción de dor, ademais de reducir a ansiedade dos doentes e dos seus familiares.