A Xunta destaca o papel do Encontro de Torneiros de Xermade na visibilización e na divulgación deste oficio artesanal

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  •  A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación do XXIV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade (Lugo) os días 20, 21 e 22 de setembro, e no que a Xunta colabora desde a primeira edición
  • Na programación deste ano incluiranse demostracións de profesionais de recoñecido prestixio internacional como a británica Helen Bailey, a francesa Géronime, o torneiro Pedro Clavero (Andorra) e o galego Lolo Castro, gañador do Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2018

Xermade (Lugo), 26 de xullo de 2024

A Xunta continúa coa súa aposta polos eventos monográficos de divulgación e de posta en valor dos oficios artesanais galegos, como é o caso da tornería de madeira. Así o manifestou a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, durante a presentación do XXIV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se vai celebrar en Xermade os días 20, 21 e 22 de setembro, e que segundo as súas palabras constitúe unha cita de referencia deste oficio en Europa. 

Durante tres días, Xermade converterase de novo nun espazo de intercambio e de aprendizaxe dirixido tanto a profesionais como a afeccionados á tornería de madeira, un evento centrado no mantemento, na recuperación e na evolución deste oficio de longa tradición en Galicia, desde o máis funcional ata o máis artístico, que conta coa colaboración da Xunta desde a súa primeira edición. 

No programa de actividades contémplanse demostracións e talleres impartidos por profesionais de recoñecdido prestixio internacional, mostra de pezas dos participantes e a XVI edición da Exposición Itinerante de Madeira Torneada CONtornos, na que se amosarán pezas seleccionadas durante o Encontro de Torneiros do ano pasado. 

Entre os profesionais convidados a realizar demostracións nesta XXIV edición, atópase unha representación das novas xeracións do oficio como a británica Helen Bailey ou a francesa  Gérnonime; e perfís coma o de Pedro Clavero (Andorra) ou Lolo Castro, Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2018 pola súa dilatada experiencia no oficio e o seu importante papel na súa divulgación e transmisión ás novas xeracións de artesáns.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
353338 {"title":"A Xunta destaca o papel do Encontro de Torneiros de Xermade na visibilización e na divulgación deste oficio artesanal","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106754-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"353338"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353338-xunta-destaca-papel-do-encontro-torneiros-xermade-na-visibilizacion-e-na-divulgacion-deste-oficio-artesanal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.