A Xunta avanza nos traballos para constituír o comité de expertos que estudará a situación dunha alga asiática invasora nas costas galegas

Imagen del artículo A Xunta avanza nos traballos para constituír o comité de expertos que estudará a situación dunha alga asiática invasora nas costas galegas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para estudar a Rugulopteryx okamurae, unha especie que xa está presente nalgunhas zonas das rías da Coruña e Vigo

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

A Xunta avanza nos traballos para constituír un comité de expertos para o estudo da presenza nas costas galegas da alga asiática invasora Rugulopteryx okamurae, unha especie que comezou a aparecer hai anos noutras comunidades como Andalucía e que foi incluída a finais de 2020 no Catálogo español de especies exóticas invasoras. 

As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a avaliar a composición dese grupo e as liñas de traballo a desenvolver co obxectivo de estudar a especie e atallar a súa proliferación pois xa se atopa nalgúns puntos das rías da Coruña e de Vigo e pode ter impacto nos seus ecosistemas. 

A constitución deste comité xa foi comunicada o pasado mércores pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, ao Goberno central durante a celebración da Comisión Sectorial de Medio Ambiente, na que trasladou a vontade da Xunta de que ese grupo comece a traballar de xeito inmediato e que conte entre os seus membros con algún representante do Executivo central, ao que cursará de xeito formal unha invitación nos vindeiros días. 

Neste sentido, xa existe unha estratexia nacional de control desta especie -aprobada en 2022- pero o Goberno central non avanzou no seu desenvolvemento e aplicación. De feito, os movementos a nivel nacional neste eido limitáronse a elaborar ese plan sen que ata o momento se realizase ningunha actuación concreta no medio.

Nese comité de expertos participarán distintos departamentos da Administración galega, entidades investigadoras, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e representantes do sector pesqueiro así como do Goberno central en caso de que acepte a proposta galega de incorporarse ao grupo de traballo. 

O obxectivo desta comisión será elaborar un plan de xestión da biomasa derivada desta especie e analizar os posibles impactos da súa expansión tanto económicos no sector pesqueiro como ecolóxicos para o medio ambiente, ao tratarse dunha posible ameaza para a biodiversidade do medio mariño.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
353336 {"title":"A Xunta avanza nos traballos para constituír o comité de expertos que estudará a situación dunha alga asiática invasora nas costas galegas","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"353336"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353336-xunta-avanza-nos-traballos-constituir-comite-expertos-estudara-situacion-dunha-alga-asiatica-invasora-nas-costas-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.