A Xunta e o concello de Folgoso do Courel avalían vías de colaboración para poñer en valor o xeoparque

Imagen del artículo A Xunta e o concello de Folgoso do Courel avalían vías de colaboración para poñer en valor o xeoparque

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente vías de colaboración para poñer en valor o Xeoparque Montañas do Courel.

Nesa liña, a conselleira e a alcaldesa coincidiron no importante valor ambiental e paisaxístico do territorio que abrangue este xeoparque e, nesta ocasión, incidiron na súa relevancia como laboratorio ao aire libre para investigar cuestións relacionadas co ciclo da auga. De feito, transita xeograficamente  entre o ámbito atlántico e mediterráneo; é un sector de montaña moi ben conservado, e, ademais, mantén o equilibrio entre a protección do sistema fluvial e a actividade cotiá da cidadanía.

De aí, a solicitude do Concello de aproveitar esa posición estratéxica para desenvolver actividades científico-técnicas que garantan a conservación deses hábitats e, ao mesmo tempo, faciliten unha maior concienciación social sobre o uso responsable dos recursos hídricos. Así, ademais de posibles actuacións futuras que serán estudadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Ángeles Vázquez e Dolores Castro reiteraron o compromiso de ambas Administracións por continuar colaborando no desenvolvemento de actividades de educación e sensibilización ambiental na Aula da Natureza do Courel.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
353335 {"title":"A Xunta e o concello de Folgoso do Courel avalían vías de colaboración para poñer en valor o xeoparque","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"353335"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353335-xunta-e-concello-folgoso-do-courel-avalian-vias-colaboracion-poner-valor-xeoparque https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.