O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de admitidos en diversas categorías de persoal sanitario e administración
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ofértanse un total de 7 prazas en diversas categorías de persoal funcionario da escala de saúde pública
- Neste proceso de concurso de méritos resultaron admitidas un total de 99 persoas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se publican con carácter definitivo os aspirantes admitidos e excluídos na convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.
Publícanse, así mesmo, as puntuacións provisionais para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria.
Neste proceso selectivo de estabilización ofértanse por sistema de concurso de méritos un total de 7 prazas, das cales 3 corresponden a farmacéutico inspector de saúde pública, 3 a inspector médico e 1 praza a subinspector sanitario.
Estas 7 prazas súmanse ás 44 prazas ofertadas mediante o sistema de concurso-oposición para estas tres categorías de persoal funcionario. Delas, 18 corresponden a farmacéutico inspector de saúde pública, 20 a inspector médico e 6 a subinspector sanitario.
Neste proceso de concurso de méritos resultaron admitidos, con carácter definitivo, 54 aspirantes na escala de farmacéutico inspector de saúde pública, 22 na de inspector médico (20 pola quenda de acceso libre e 2 pola quenda de discapacidade xeral) e 23 na de subinspector sanitario.
As listas coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e a baremación provisional coa información para verificar a correcta aplicación das bases da convocatoria do proceso selectivo, coa finalidade de dotar de transparencia o proceso, están á disposición dos usuarios na web do Servizo Galego de Saúde.
Cada aspirante poderá consultar o estado da súa solicitude, ademais do número de orde e a puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos/concurso de méritos.
Contra os resultados da baremación provisional, as persoas admitidas disporán dun prazo de reclamación de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no DOG (é dicir, do 29 de xullo ao 9 de agosto, ambos os dous incluídos).
Os aspirantes seleccionados poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con este proceso selectivo ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación nin de recurso.