A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para potenciar a atención das persoas consumidoras

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de presencia no Consello Galego de Consumidores e Usuarios de Galicia
  • No marco deste encontro puxéronse en marcha cinco convenios de colaboración coa finalidade de reforzar a información e protección das persoas consumidoras e usuarias

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, participaron hoxe nunha reunión de traballo con federacións e asociacións de persoas consumidoras e usuarias para identificar liñas de traballo dirixidas á protección da cidadanía no eido do consumo. Aproveitando o acto, asináronse ata cinco convenios de colaboración.

En concreto, subscribiuse colaboración coa Federación galega de asociacións de amas de casa, consumidores e usuarios Brétema, coa Federación galega Euroconsumo, coa Federación de usuarios e consumidores Independentes Fuciga, coa Unión de consumidores e usuarios de Galicia (Ucgal) e coa Asociación de usuarios de bancas, caixas e seguros Adicae, todas elas inscritas no Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia e presentes durante máis de 5 anos no Consello Galego de Consumidores e Usuarios de Galicia.

A través da cooperación con estas organizacións, as persoas consumidoras galegas poderán dirixirse directamente a estas federacións e asociacións de consumidores para informarse, presentar unha reclamación en materia de consumo e mesmo realizar unha fase previa de mediación coa empresa implicada no correspondente conflito.

Cómpre engadir que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC)  conta con oficinas de atención presencial nas sete principais cidades galegas así como co teléfono de balde 900 23 11 23, que funciona de 9 a 14 horas e de 17 a 19 h. de luns a venres para ofrecer información e asesoramento en materia de consumo.  

Os consumidores tamén poden enviar as súas dúbidas por correo electrónico ou a través dun formulario que atoparán na web do organismo: https://consumo.xunta.gal/gl/igcc/contacto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
348120 {"title":"A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para potenciar a atención das persoas consumidoras","published_date":"2024-07-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278803\/20240723_DDXCC+Dias+azuis+1.JPG","id":"348120"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-24/348120-xunta-impulsa-colaboracion-coas-federacions-e-asociacions-materia-consumo-potenciar-atencion-das-persoas-consumidoras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.