A Global Solo Challenge 2027-2028 que terá en Vigo o seu porto de saída e chegada recalca a capitalidade de Galicia nos fitos mundiais da vela
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral para o Deporte lembra o terceiro posto do Galicia 93 Pescanova de Javier de la Gándara na Volta ao Mundo de 1993 e o segundo posto do Mapfre en 2018 con Támara Echegoyen na tripulación
- O director de Turismo de Galicia destaca a importancia de desestacionalizar a oferta turística e facer do turismo unha actividade xeradora de riqueza os 365 días do ano

Vigo, 23 de xullo de 2024
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron nesta mañá na presentación da regata Global Solo Challenge que na súa segunda edición 2027-2028 terá en Vigo o seu porto de saída e chegada. O obxectivo da competición é dar a volta ao mundo, circunnavegando polos tres grandes cabos, en solitario e sen parar. A súa primeira edición 2023-2024 tamén tivo en Galicia o seu punto de saída e regreso. O 24 de febreiro, Philippe Delamare arribou á Coruña como gañador da Global Solo e o 7 de abril, Cole Brauer fixo o propio como segunda clasificada.
O secretario xeral para o Deporte lembrou a importancia dun fito histórico como dar a volta ao mundo en barco e lembrou a fazaña do Galicia 93 Pescanova que, baixo os mandos de Javier de la Gándara finalizou a Volta ao Mundo de 1993 en terceira posición. Do mesmo xeito, lembrou o segundo posto do Mapfre na Volvo Ocean Race de 2017-2018, cunha tripulación na que estaba outra galega, a regatista Támara Echegoyen que o vindeiro venres será a abandeirada española na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de París. Neste sentido, Lete Lasa destacou o peso de Galicia na vela mundial e a "capitalidade da nosa terra nos fitos mundiais máis importantes deste deporte, como volverá a ocorrer en 2027-2028 coa segunda edición da Global Solo".
Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou a "singularidade e esixencia" da Global Solo Challenge e felicitou á organización por ter elixido Galicia como "marco axeitado para o seu desenvolvemento". Neste sentido, Xosé Merelles salientou que "son innegables as calidades desta Comunidade para o desenvolvemento da actividade náutico-turística" e engadiu que eventos coma o que sairá e retornará a Vigo contribúen a desestacionalizar a oferta turística e facer do turismo unha actividade xeradora de riqueza os 365 días do ano.
Ademais, o director de Turismo de Galicia fixo fincapé en que Vigo é o terceiro destino urbano de Galicia, como reflicten os datos de ocupación hoteleira da primeira parte do ano. Adicionalmente, Merelles indicou que o Camiño Portugés da Costa, que transcorre pola cidade olívica, rexistra este ano datos históricos con máis de 38.000 peregrinos, o que supón un crecemento dun 52% con respecto a esta mesma época de 2023.