Alfonso Villares visita a exposición "Da Cor ao Xesto"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Cervo (Lugo), 23 de xullo de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este martes a exposición "Da Cor ao Xesto", pinturas e tintas Costafreda, que se inaugurou a mediados de mes en Sargadelos. A mostra, que se pode visitar ata o 15 de agosto, está formada por 60 cadros de formatos diferentes como acrílicos, sumi-é tradicional ou de técnicas mixtas en tinta.
Ángeles Costafreda é de orixe francés e reside na parroquia de Galdo (Viveiro). A natureza foi sempre a súa inspiración. Leva 25 anos dedicándose á arte, expoñendo e ensinando ademais de pintar e experimentar en cada momento. De feito, impartirá un obradoiro intensivo de pintura zen sumi os días 26 de xullo e 2 de agosto. Esta actividade conta cunha subvención do concello, polo que será gratuíta para todos aqueles que desexen iniciarse no mundo artístico.
A artista tamén participou en exposicións individuais, colectivas, galerías e feiras de arte dende 1987, recibindo premios en varias ocasións, nas que se valorou a súa limpeza en cor, pincelada atrevida e poética da súa obra.