A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa UNICO para a mellora da conectividade en polígonos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O DOG publica hoxe a orde que permitirá a Pemes e micropemes situadas en polígonos ou áreas loxísticas acceder a unha subvención de ata o 80% para conexións de 1Gbps 
  • Os requisitos destas axudas están predefinidos polo Goberno do Estado

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

A  Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas do programa estatal UNICO para mellorar a  conectividade en polígonos empresariais. Desde mañá e ata o 16 de setembro Pemes e micropemes situadas en polígonos, centros loxísticos ou áreas de alta concentración empresarial poderán solicitar esta subvención para dispoñer de conexións de 1Gbps.

As empresas poderán subvencionar ata o 80% do custo do proxecto, cun importe máximo de 60.000 euros por solicitude. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 4,5 millóns de euros. 

Está é a segunda convocatoria desta liña de axudas que se lanza en Galicia. Na primeira realizáronse 132 actuacións, superando o obxectivo inicial de 77, grazas ás medidas impulsadas anteriormente pola Xunta, que xa dotaran de conexión á fibra ao 93% da superficie empresarial. 

Nos vindeiros días está previsto que se publiquen as axudas destinadas á mellora da conectividade en edificios, que contemplan subvencións de ata o 100% dos investimentos cun máximo de 23.800€, de 21.000€ ou de 16.000€ en función do alcance da instalación. 

Ademais, Galicia abriu o pasado 28 de xuño a segunda convocatoria de bonos dixitais para facilitar a familias ou persoas vulnerables a contratación ou o mantemento de servizos de banda longa cunha velocidade mínima de 30Mbps. 

Convocatorias 2024

Con estas novas convocatorias a Xunta busca incrementar o numero de beneficiarios das convocatorias de 2022 e 2023. Estas axudas enmárcase no Programa ÚNICO, cuxos requisitos foron definidos de xeito unilateral polo Goberno central.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
344670 {"title":"A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa UNICO para a mellora da conectividade en polígonos","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105949-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"344670"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/344670-xunta-abre-mana-prazo-solicitar-as-axudas-do-programa-unico-mellora-da-conectividade-poligonos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.