A Xunta financia con máis de 275.000 euros os programas de conciliación familiar da comarca de Caldas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou os programas de conciliación de Cuntis e Caldas de Reis e destacou a importancia da colaboración entre institucións
  •  A consellería de Política Social e Igualdade inviste un total de 1,2 millóns nos programas de conciliación dos concellos da provincia de Pontevedra

Caldas de Reis, 22 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá os programas de conciliación dos concellos de Cuntis e Caldas de Reis, que están financiados coas subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade. 

Trátase dunha aposta da consellería de Política Social e Igualdade que pretende crear un espazo de xogo, diversión e aprendizaxe para os nenos e nenas galegas, á vez que fomenta a conciliación familiar. 

Neste sentido, a consellería inviste preto de 1,2 millóns de euros nos programas de conciliación da provincia, dos cales, máis de 275.000 corresponden aos concellos da comarca de Caldas. Entre os concellos beneficiados por estas axudas atópanse, ademais de Cuntis e Caldas de Reis, Pontecesures e Valga. 

En total, son 25 os concellos da provincia de Pontevedra que se benefician destas axudas e que dan servizo a millares de familias. O delegado territorial aproveitou a ocasión para agradecer o traballo de todos os involucrados nestes programas que son "cada vez máis imprescindibles para as familias galegas" e asegurou que estas iniciativas supoñen "unha mostra máis da importancia que ten a colaboración entre institucións". 

Cabe destacar que o programa de conciliación de Cuntis, dotado cunha achega de preto de 130.000 euros, funciona de forma ininterrompida durante todo o ano e ocupa a centos de nenos e nenas de ata 16 anos. Pola súa banda, o programa do concello de Caldas de Reis, que conta cunha achega de 30.500 euros está en funcionamento durante os meses de verán, para facilitar a organización doméstica durante as vacacións escolares. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
342678 {"title":"A Xunta financia con máis de 275.000 euros os programas de conciliación familiar da comarca de Caldas","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103992-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"342678"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/342678-xunta-financia-mais-275-000-euros-os-programas-conciliacion-familiar-da-comarca-caldas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.