O 061 de Galicia asistiu 69 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Desde as 15,00 horas do venres, 19 de xulllo ata as 23,59 horas do domingo, 21 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 76 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 22 de xullo de 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 69 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 19 de xullo, ata as 23,59 horas do domingo, 21 de xullo. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 27 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 76 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 69 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57% e do 43% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 24% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 28 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

19

Lugo

4

Ourense

7

Pontevedra

28

Galicia

58

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 63. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 54 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.

En 57 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
341988 {"title":"O 061 de Galicia asistiu 69 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105714-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"341988"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/341988-061-galicia-asistiu-69-persoas-58-accidentes-trafico-fin-semana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.