A Xunta celebrará a cuarta edición do evento Artesanía no Courel do 7 ao 11 de agosto

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O obxectivo deste encontro é promover a formación e a divulgación dos oficios artesanais galegos e da marca Artesanía de Galicia
  • No programa de actividades inclúense 7 cursos de iniciación en oficios como a ourivería, a cestería, o téxtil e a carpintería, para os que é preciso realizar a inscrición previa na web da Fundación Artesanía de Galicia
  • Tamén haberá obradoiros abertos e gratuítos para todos os públicos en diferentes técnicas, como estampaxe, coiro, tecido tradicional, olería ou decoración de louza

Santiago de Compostela, 21 de xullo 2024

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración impulsa a cuarta edición do encontro Artesanía de Galicia no Courel, co obxectivo de promover a formación e a divulgación dos oficios artesanais galegos e da marca Artesanía de Galicia. O evento vaise celebrar entre os días 7 e 11 de agosto en diferentes localizacións de Folgoso do Courel e conta coa colaboración do concello e da Fundación Uxío Novoneyra.

No programa de actividades inclúense sete cursos de iniciación en diferentes oficios como a ourivería, a cestería, o téxtil ou a carpintería -para os que é necesaria realizar unha inscrición previa na web da Fundación Artesanía de Galicia- así como nove obradoiros gratuítos e abertos a toda a cidadanía.

Os obradoiros de formación celebraranse na Antiga Escola Unitaria de Parada, no aloxamento rural A Carbiña e na Fundación Uxío Novoneyra, en horario de 11,00 a 13,30 e de 16,00 a 18,00 h. Concretamente, na Antiga Escola Unitaria desenvolverase o curso de Iniciación á ourivería, impartido por Susi Gesto, que durará os cinco días do evento. Na Carbiña están previstos dous cursos de cestería, que ofrecerá Julia de la Cal, de La Parabólica; e outros dous de tecido ás agullas a cargo de Lola García, de Logaro. Por último, na Fundación Uxío Novoneyra, o artesán Rodrigo Mosquera, de Tresoficios, dirixirá unha formación en técnicas de carpintería con alternativa para dous grupos diferentes: un do 7 ao 9 de agosto e outro que se concentrará na fin de semana, o sábado 10 e o domingo 11. 

Obradoiros gratuítos

Como en anteriores edicións, o evento contará tamén cunha ampla programación de obradoiros abertos e gratuítos para todos os visitantes que se acheguen ata Folgoso do Courel. 

No Centro Sociocultural Fondo de Vila celebraranse actividades de olería, tecido tradicional e estampaxe, en horario de 10,30 a 13,30 e de 16,00 a 18,00 h. Durante os cinco días do evento impartirase un obradoiro para amosar a técnica de felpado ou gorullo, impartido por Lourdes Otero, de Fusaiola; e o ceramista Carlos San Claudio será o encargado de conducir un obradoiro de iniciación ao torno cerámico.

Sandra Betanzos, de Amor ó Teu, impartirá cada día un obradoiro diferente de estampaxe: o mércores 7 de postais con selos; o xoves 8, de xeométricos en avionetas de goma eva; o venres 9, de patrón de repetición con goma eva en rodete; o sábado 10, de papel e téxtil e manualidade de medusa; e o domingo 11, de cadernos con selos. 

Na Fundación Uxío Novoneyra terán lugar dous obradoiros impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop. Do 7 ao 9 de agosto terá lugar o obradoiro de Iniciación ao traballo con coiro e os días 10 e 11 de agosto impartirán un obradoiro de Decoración de louza. Ambos serán en horario de 11,00 a 13,30h e de 16,00 a 18,00 h.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
339427 {"title":"A Xunta celebrará a cuarta edición do evento Artesanía no Courel do 7 ao 11 de agosto","published_date":"2024-07-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278591\/190724+Presentaci%C3%B3n+Cartel+XXXII+Mercado+Medieval+Mondo%C3%B1edo+1.jfif","id":"339427"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-21/339427-xunta-celebrara-cuarta-edicion-do-evento-artesania-courel-do-7-ao-11-agosto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.