Valentín García celebra o primeiro volume dun estudo que recolle material lingüístico prelatino en Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral da Lingua participa na presentación do libro inaugural da colección 'Tesouro paleogalaico' do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Imagen del artículo Valentín García celebra o primeiro volume dun estudo que recolle material lingüístico prelatino en Galicia
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou esta mañá na presentación do libro Documentación epigráfica do teónimo deus Lar Berobreus. Edición e comentario lingüístico, volume inaugural da colección Tesouro paleogalaico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebrou que vexa a luz a primeira das publicacións dunha iniciativa que no seu conxunto, dixo, "ten grande relevancia porque pretende recoller todo o material lingüístico prelatino de Galicia para o seu estudo, así como doutros territorios, especialmente con linguas célticas".

Así, a publicación deste libro supón o primeiro estudo lingüístico das aras dedicadas ao deus Lar Berobreus aparecidas no santuario tardorromano (s. III-VI d. C.) do monte do Facho, na parroquia canguesa de Donón, en Pontevedra. Neste senso, Valentín García, destacou "a recompilación de datos como os nomes prerromanos que aparecen neses achádegos ou as referencias ás formas propias do latín vulgar que derivaron séculos máis tarde no galego e portugués".

O traballo contén un comentario arqueolóxico de José Suárez Otero, outro de carácter lingüístico de Juan Carlos Búa Carballo e un catálogo dos altares do Facho, con texto do mesmo Juan Carlos Búa en coautoría con Beatriz García Turnes e Isabel Beltrán López.

O proxecto

O proxecto Tesouro paleogalaico estrutúrase en dous grandes bloques, o do material onomástico e máis o do léxico románico de orixe prelatina. Aínda que ambas partes están estreitamente ligadas, as súas distintas características, a diversidade das fontes de documentación, das problemáticas que encerran, das ciencias implicadas e dos coñecementos necesarios impoñen esta segregación do material.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/07/2024
337340 {"title":"Valentín García celebra o primeiro volume dun estudo que recolle material lingüístico prelatino en Galicia","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"337340"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/337340-valentin-garcia-celebra-primeiro-volume-dun-estudo-recolle-material-linguistico-prelatino-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.