A Xunta oferta este verán en Lugo 325 prazas nos minicampamentos do programa 'Coñece Galicia'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Xuventude visita aos participantes na primeira quenda da actividade 'A descuberta da Pobra do Brollón IV', que se desenvolve no Hotel Rústico O Forno e que se enmarca na campaña para a mocidade 'O teu mellor verán'
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Pobra do Brollón (Lugo), 18 de xullo de 2024
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou esta mañá aos mozos e mozas, de entre 9 e 14 anos, que participan na primeira quenda do minicampamento A descuberta da Pobra do Brollón IV, unha das propostas do programa Coñece Galicia que ten lugar no Hotel Rústico O Forno no marco da campaña de verán para a mocidade da Xunta. Neste senso, na provincia de Lugo ofertáronse un total de 325 prazas nesta modalidade de actividades.
Esta proposta lúdico formativa desenvólvese en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres. O seu obxectivo é apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas e fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo. Neste caso, na Pobra do Brollón, gozarán desta oportunidade un total de 25 participantes por cada quenda, sendo a próxima entre o 19 e 23 de agosto.