A Xunta apoia o encontro entre produtoras audiovisuais galegas e portuguesas no marco do vindeiro festival Porto/Post/Doc
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ábrese ata o 6 de setembro o prazo de inscrición no 'Forum Luso-Galego. Creatividade e coprodución', que terá lugar o 25 de novembro na cidade do Porto
- O obxectivo é promover a colaboración entre empresas dos dous territorios para facilitar a posta en marcha proxectos en común ou consolidar relacións xa existentes
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Portugal Film Commission, apoia a convocatoria dirixida ao sector audiovisual do Forum Luso-Galego. Creatividade e coprodución, que terá lugar no marco da edición de 2024 do festival Porto/Post/Doc do 25 ao 27 de novembro no Porto (Portugal).
As produtoras interesadas teñen ata o 6 de setembro para formalizar a súa inscrición na xornada do encontro, que se celebrará concretamente o luns 25 de novembro no apartado das actividades de industria programadas polo evento portugués. O obxectivo é continuar a promover a colaboración entre representantes do sector audiovisual de Portugal e de Galicia, fortalecendo os lazos xa consolidados e acollendo novos axentes do sector que veñen a renovar o tecido empresarial e creativo dos dous territorios. Así, nese día tamén haberá reunións individuais entre os participantes, con axenda previa, e levarase a cabo unha presentación do panorama actual das estruturas audiovisuais das dúas beiras do Miño.
O foro está dirixido a compañías que traballen con proxectos audiovisuais e/ou cinematográficos, independentemente do xénero e formato. As persoas acreditadas para esta actividade tamén terán acceso ás restantes actividades do Porto/Post/Doc. Para facilitar a presenza de profesionais de Galicia no evento, a Axencia Galega das Industrias Culturais financiará parte da estadía aos representantes das produtoras galegas participantes.
Con esta acción, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude segue a impulsar a internacionalización do audiovisual galego brindando puntos de encontro para os nosos profesionais en eventos relevantes do sector. Neste caso, ademais, a mirada a Portugal dálle continuidade á consideración do país veciño como socio preferente para moitos proxectos galegos, como de feito xa está a suceder na actualidade con diversos títulos coproducidos ou en proceso, tanto series como películas.
A iniciativa retoma a dinámica dos encontros anuais de coprodución entre Galicia e Portugal suspendidos a partir da pandemia e que se tiveron celebrado con anterioridade en Ourense, O Porto e Arnoia.