A Xunta e o concello de Marín estudan vías de colaboración para mellorar a rede de abastecemento e saneamento en varias contornas da localidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, mantiveron hoxe unha reunión na que estudaron vías de colaboración para mellorar a rede de abastecemento e saneamento en varias contornas da localidade.

Máis polo miúdo, analizaron os proxecto municipal para dotar destes servizos ás vivendas que se localizan na parroquia de San Xián de Marín e, en concreto, no tramo da estrada PO-313 entre os lugares de Vista Alegre e Coirados. 

A maiores, durante o encontro, tamén fixeron balance do estado doutras actuacións nas que xa están a colaborar o Concello e Augas de Galicia. En concreto, abordaron a evolución das obras para mellorar a rede de saneamento na contorna do río Lameira, que contan cun orzamento de máis de 3,1 millóns de euros, e o proxecto para ampliar a capacidade do colector da estación de bombeo de augas residuais localizada en Mogor. Neste último caso, Ángeles Vázquez informou a María Ramallo de que o proxecto está sendo avaliado por parte de Augas de Galicia.

A conselleira aseguroulle á alcaldesa que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332070 {"title":"A Xunta e o concello de Marín estudan vías de colaboración para mellorar a rede de abastecemento e saneamento en varias contornas da localidade","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104105-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"332070"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332070-xunta-e-concello-marin-estudan-vias-colaboracion-mellorar-rede-abastecemento-e-saneamento-varias-contornas-da-localidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.