Valentín García destaca a relevancia dos proxectos que adaptan o uso do galego ás novas formas de comunicación
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral da Lingua participa na inauguración do XVII Curso de Verán da Universidade da Coruña 'Traballando en lingua nas redes sociais'
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Carballo (A Coruña), 16 de xullo de 2024
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no pazo da Cultura de Carballo na inauguración do XVII Curso de Verán da Universidade da Coruña Traballando en lingua nas redes sociais, onde sinalou "a importancia de proxectos que traballen na normalización lingüística e adapten o uso da lingua as novas formas de comunicación".
Neste senso, puxo en valor as liñas de traballo postas en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co fin de impulsar a presenza do galego en novos espazos como o Proxecto Nós, que se centra no procesamento automático da lingua propia. "É fundamental que impulsemos o uso do idioma en novos contextos como as redes sociais", apuntou o secretario xeral da Lingua.
O curso, que se desenvolverá durante o día de hoxe e de mañá, ten por obxectivo traballar no uso e proceso de normalización da lingua a través da procura de argumentos, accións, creatividade, implicación ou os métodos adecuados para o propósito.
Neste marco, os participantes contarán con sesións de relatorios, comunicacións, mesas redondas e obradoiros onde se promoverá o uso do galego nas redes sociais a través de estratexias e accións, a valorización do galego ou a formulación dunha proposta de boas prácticas lingüísticas.