A Xunta inviste 3 M€ en obras de mellora en escolas infantís durante o verán

Imagen del artículo A Xunta inviste 3 M€ en obras de mellora en escolas infantís durante o verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Goberno galego aproveita o período estival para realizar este tipo de traballos e interferir, así, o mínimo posible na actividade durante o curso
  • O curso que vén será o terceiro no que a atención entre os 0 e os 3 anos será gratuíta no 100% dos centros galegos, tanto públicos como privados

Ourense, 13 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica Antela. Alí aproveitou para facer balance dos 3 millóns de euros que inviste a Xunta de Galicia para realizar no verán reformas e obras de mellora nas escolas infantís que dependen do Goberno galego. Deste xeito, búscase interferir o menos posible na actividade que se realiza nestes centros durante o resto do ano e que a posta a punto estea lista antes de setembro.

A conselleira aproveitou para lembrar que o curso que vén, 2024/2025, será o terceiro no que a Xunta ofrecerá a atención entre os 0 e os 3 anos completamente de balde no 100% das escolas infantís de Galicia, independentemente da súa titularidade: pública -municipal ou autonómica-, privada ou de entidades sociais. O Goberno galego destina 60 millóns de euros nesta medida que ofrece conciliación gratuíta a máis de 32.000 familias, que lles supón un aforro anual medio de máis de 3.000€.

No caso da escola infantil Antela, a Xunta vai investir 20.000 euros para reformar durante o verán os seus catro patios exteriores. Con esta actuación, completarase a reforma integral deste centro que, cun orzamento total de 700.000 euros, implicou melloras nos tellados, no illamento térmico, o mobiliario e outras obras no interior.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322893 {"title":"A Xunta inviste 3 M€ en obras de mellora en escolas infantís durante o verán","published_date":"2024-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322893"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-13/322893-xunta-inviste-3-m-obras-mellora-escolas-infantis-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.