Cultura impulsa a educación musical na mocidade cun festival de bandas con máis de 550 participantes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Con esta actividade, a Xunta de Galicia promove a creación de sinerxías entre mozos e mozas das agrupacións de toda a xeografía galega
  • O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, subliña na benvida a esta cita "a necesidade de poñer en valor o talento da xuventude"
  • O festival, no que participan 12 bandas e máis a Sinfónica Xuvenil de Galicia, está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co apoio da Xunta de Galicia no marco da campaña 'CulturON'

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2024

A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante toda a xornada de hoxe o VII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que 12 formacións interpretarán temas escollidos para a ocasión, que abarcan desde sons clásicos ata música tradicional galega e versións de cancións contemporáneas. No acto tamén participa a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, formada por medio cento de intérpretes, todos menores de 20 anos, pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da comunidade.

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, deu a benvida aos rapaces e rapazas participantes no encontro remarcando o apoio do Goberno galego a estas formacións e salientando "o gran valor das bandas xuvenís para o fomento da educación musical e a necesidade de poñer en valor o talento da mocidade". Anxo Lorenzo estivo acompañado pola directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e de Jorge González, directivo da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

O Festival, que se desenvolve no Gaiás ao longo de todo o sábado con entrada libre e de balde forma parte da campaña CulturON coa que a Xunta de Galicia enche de actividades culturais toda a xeografía galega durante este verán. A cita arrincou cunha interpretación do Himno Galego no Xardín do Teatro e continúa cunha xornada na que mocidade de distintos lugares cun interese común pode coñecerse, crear sinerxías e enriquecerse mutuamente.

Doce bandas de toda Galicia

As formacións que participan este ano no Festival son: Banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal, Unión Musical de Tenorio, Banda Xuvenil da Escola de Música de Salvaterra, Banda Xuvenil de Vilatuxe, Xove Banda de Valga, Banda Xuvenil de Agolada, Banda Xuvenil de Santa Cruz de Ribadulla, Chiquiband da Agrupación Musical da Limia, Banda Xuvenil de Celanova, Banda da Escola de Música de Xinzo e a Minibanda de Vilalba.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/07/2024
322891 {"title":"Cultura impulsa a educación musical na mocidade cun festival de bandas con máis de 550 participantes","published_date":"2024-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278570\/240712_Presidnte_PrmiosXXXVIVin%CC%83osGlicia_MAC-02.JPG","id":"322891"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-13/322891-cultura-impulsa-educacion-musical-na-mocidade-cun-festival-bandas-mais-550-participantes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.