Comezan os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Na edición deste ano ofértanse 250 prazas repartidas entre as dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, no Carballiño e Panxón (Nigrán), e no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)

O Carballiño (Ourense), 13 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe a Residencia de Tempo Libre do Carballiño, coincidindo co inicio dos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. O primeiro grupo que chega ao Carballiño está formado por nenos de entre 11 e 14 anos e estarán no centro 10 días, desde esta tarde ata o 22 de xullo. O campamento chámase 'Aventura na natureza', e hai catro quendas para diferentes idades.

Na edición deste ano ofértanse 250 prazas repartidas entre as dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, a do Carballiño e a de Panxon (Nigrán), e o albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo). Este programa está destinado a persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e con idades comprendidas entre os 11 e os 50. Os campamentos desenvolveranse ata setembro nun total de 15 quendas de 10 días de duración. O obxectivo destes campamentos é ofrecer alternativas de ocio accesible para todos.

Ademais do aloxamento en réxime de pensión completa, realizaranse actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza, ao coñecemento da nosa cultura ou á educación para a saúde. O equipo ao fronte dos campamentos estará formado por especialistas nos ámbitos educativo, sanitario, psicolóxico e terapéutico para que os participantes teñan todo o apoio que necesitan e desfruten ao máximo da estadía. Así mesmo, a Xunta continúa a reforzar a accesibilidade co uso de pictogramas e novas aplicacións tecnolóxicas para persoas con discapacidade.

Con este programa, o Goberno galego ofrece ás persoas con discapacidade os recursos que precisan para desfrutar do verán e incide no benestar das familias, que teñen a tranquilidade de que os seus achegados están ben atendidos mentres elas poden tomarse un respiro e descansar dos seus coidados.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322867 {"title":"Comezan os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia","published_date":"2024-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104002-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322867"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-13/322867-comezan-os-campamentos-veran-especificos-persoas-discapacidade-da-xunta-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.