O secretario xeral de Universidades reafirma o compromiso da Xunta co Campus Terra na graduación de Veterinaria, titulación de referencia en Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- José Alberto Díez recorda que este grao foi un dos primeiros de Galicia en obter o selo de excelencia, distintivo de calidade que outorga o Goberno galego
- Destaca un investimento de preto de 13M€ no Campus Terra e a introdución de novas titulacións, accións ao abeiro das que a matrícula medra de forma sostida
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 13 de xullo de 2024
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participou esta mañá no acto de graduación da promoción 2019/2024 do grao en Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, que cualificou como "unha das titulacións de referencia deste campus de Lugo e de toda Galicia". "Non en balde, foi un dos primeiros graos en obter o selo de excelencia, distintivo de calidade que outorga a Xunta de Galicia para estes estudos no Sistema Universitario Galego", lembrou.
O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia co Campus Terra, cun investimento de preto de 13M€ que permite situar que o campus lucense como un referente científico e social nos ámbitos do coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medio ambiental dos recursos da terra.
O secretario xeral puxo tamén en valor a implantación de novas titulacións no Campus Terra como os graos de Bioquímica, Empresa e Tecnoloxía, Robótica e Xestión cultural ou o máster en Xenómica e Xenética. "O conxunto destas accións fixeron que o Campus Terra fose o segundo en acadar a acreditación de especialización en Galicia e que teña unha dinámica sostida de crecemento de alumnos nos últimos anos", destacou.