Rueda acorda co presidente da Deputación da Coruña colaborar en materia de sanidade, estradas e o eido cultural

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Solicitou a colaboración do ente provincial en programas de saúde pública como o Plan Reduce Radón ou a Rede Galega de Vixianza de Vectores (Regavivec)
  • Destacou o compromiso de ambos para seguir elevando a aportación que realizan a un "servizo fundamental" como é o SAF
  • "Falamos tamén de facer un grupo de traballo para as vías de comunicación provinciais e comezar a ver como se poden intercambiar titularidades", indicou
  • Propón que a actividade cultural que fan as catro deputacións poida chegar a todas as provincias baixo a coordinación da Xunta

A Coruña, 12 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acordaron hoxe colaborar en distintos ámbitos como a sanidade, as vías de comunicación ou o cultural. Así o explicaron tras manter unha xuntanza de traballo que, tal e como cualificou Rueda, destacou pola cordialidade e o espírito construtivo orientado a alcanzar acordos en beneficio da veciñanza da provincia da Coruña.

No referido ao eido sanitario, o titular do Goberno galego reafirmou o compromiso da Xunta por ofrecer a mellor atención á cidadanía, poñendo como exemplo o Novo CHUAC, que conta cun "investimento de 445 millóns de euros" e que permitirá prestar atención sanitaria a "máis de 550.000 pacientes das áreas da Coruña e Cee".

Así mesmo, Rueda solicitou a colaboración da Deputación en programas de saúde pública como o Plan Reduce Radón, "un problema que en Galicia necesitamos abordar e onde os técnicos das Deputacións poden ser un apoio importante", indicou, en referencia á posible cooperación cos concellos en zonas prioritarias, axudando na realización das medicións dos niveis de radón en edificios públicos. Tamén puxo como exemplo a Rede Galega de Vixianza de Vectores (Regavivec), para colaborar con persoal de campo onde xa se detectaron "carrachas e mosquitos transmisores de enfermidades".

Apoio aos coidados

Ademais, outro dos temas que trataron ambos foi o "esforzo que temos que facer todas as administracións para manter o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo fundamental", tal e como indicou o presidente da Xunta, ao mesmo tempo que expuxo o compromiso de seguir elevando a aportación autonómica a este servizo -este ano destina 130 M€ ao seu financiamento, o que supón un 15% máis que no exercicio anterior-, un compromiso ao que tamén se suma o ente provincial. "Imos intentar entre todos ir aumentando", asegurou.

Insistiu tamén na necesidade de instar ao Goberno central a cumprir co seu compromiso de financiar o 50% dos servizos sociais municipais, segundo a Lei de Dependencia.

Infraestruturas

O titular do Goberno galego tamén lle trasladou a González Formoso os traballos que está a levar a Xunta en materia de infraestruturas na provincia, destacando os case 21 M€ que se reservan este ano nos orzamentos autonómicos para aumentar a seguridade viaria: "para nós segue a ser unha materia prioritaria", precisou.

Así mesmo, tamén abordaron a "necesidade de facer cada vez máis planificación no que se refire ás obras hidráulicas". Neste sentido, indicou que Augas de Galicia destina máis de 62,5 M€ nesta provincia a este tipo de obras en colaboración cos concellos e amosouse disposto a estudar a proposta do presidente da Deputación de facer planificación a tres bandas: cada concello, Deputación e Xunta.  

"Falamos tamén de facer un grupo de traballo para as vías de comunicación", indicou Rueda, en referencia ás estradas autonómicas na provincia; as que dependen da Deputación e que conectan dúas provincias, por exemplo a ponte da zona de Catoira; ou as estradas provinciais que entroncan directamente cunha estrada autonómica e que ás veces teñen duplicidades. "Todo iso creo que é bo poñelo en común e falamos de facer un grupo de traballo e comezar a ver como se poden intercambiar titularidades", explicou.

Parques bombeiros e enerxía

Rueda destacou a importancia da comarcalización dos parques de bombeiros nas grandes cidades, unha "colaboración moi eficaz" entre Concellos, Deputación e Xunta para "conseguir unha prestación máis eficaz e eficiente". Así, destacou o novo acordo que se acadou en Ferrol para a comarcalización do seu parque e tamén apuntou a que "está a piques de pecharse" a dun novo comarcal en Arteixo. No encontro de hoxe, ambos presidentes coincidiron na necesidade de avanzar no de Santiago e de iniciar conversas para chegar á comarcalización do da Coruña.

Ademais, ambos coincidiron en aproveitar as "novas oportunidades" que deixan as industrias relacionadas coas novas enerxías. "Ambos tivemos clara a importancia de dar todas as facilidades, por suposto, cumprindo con toda a normativa legal, os trámites e requisitos medioambientais", explicou, ao tempo que lle agradeceu ao presidente da Deputación a vontade de colaboración.

Intercambios culturais

Na reunión de hoxe, Rueda tamén propuxo "intentar coordinar as actividades culturais que se prestan en Galicia e nas cales as deputacións teñen unha intervención fundamental".  Así, a proposta consistiría en que a actividade cultural da Deputación da Coruña tamén puidese estenderse a outras provincias e viceversa. "Para iso ten que haber un ente intermedio que poña en contacto a actividade cultural intensa que fan as catro deputacións que debe ser a Xunta", asegurou, ao mesmo tempo que amosou a conformidade de González Formoso coa idea.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
321168 {"title":"Rueda acorda co presidente da Deputación da Coruña colaborar en materia de sanidade, estradas e o eido cultural","published_date":"2024-07-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103138-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"321168"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-12/321168-rueda-acorda-co-presidente-da-deputacion-da-coruna-colaborar-materia-sanidade-estradas-e-eido-cultural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.