Román Rodríguez afirma que a oferta de FP no Salnés é unha garantía de futuro e traballo para a mocidade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Educación presenta a oferta da comarca, que medra un 9 % ata as 1.525 prazas, aos alumnos dos obradoiros de emprego do Concello de Vilanova
  • Na xornada expóñense as opcións para compaxinar os estudos coa vida laboral e as posibilidades de acreditar competencias adquiridas pola experiencia profesional

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 11 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, puxo hoxe en valor a oferta de Formación Profesional na comarca do Salnés que, para o vindeiro curso 2024/25, medra en case un 9 % ata acadar as 1.525 prazas novas. Fíxoo nunha xornada divulgativa destas ensinanzas organizada polo Concello de Vilanova de Arousa no Pazo de Vista Real para os 34 alumnos dos obradoiros de emprego municipais coa presenza do alcalde, Gonzalo Durán. 

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, destacou o prestixio e a altísima empregabilidade da FP galega, que supera en xeral o 85 % e chega case ao 100 % na modalidade Dual Intensiva. Isto demostra a utilidade destas ensinanzas "para os alumnos, pero tamén para as empresas, que atopan profesionais cualificados capaces de desenvolver con gran rendemento as actividades de calquera sector, especialmente no momento actual, que esixe profesionais cualificados con todo tipo de competencias", afirmou.

O conselleiro salientou, ademais, a confianza tanto das empresas como dos estudantes nestas ensinanzas na nosa Comunidade, que marcaron un récord de case 65.000 alumnos matriculados no curso que vén de rematar. "Estas cifras non serían posibles sen a confianza por parte das empresas e por parte dos propios alumnos, que comprenden a FP como unha vía profesional que mellore o seu futuro", incidiu.

Novidades na oferta

Román Rodríguez subliñou que a oferta na comarca para o curso 2024/25 inclúe un total de 56 ciclos formativos, impartidos nos 11 centros da comarca. Como novidade, no Salnés ofértanse prazas en tres ciclos de FP Dual Intensiva (con 22 prazas cada un), dos que dous son novos nos seus respectivos centros: o de grao medio en Instalacións eléctricas e automáticas no CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía (centro que oferta tamén un grupo no ciclo grao superior de FP Dual intensiva en Mecatrónica Industrial) e o de grao superior en Automoción, que se impartirá por primeira vez no Instituto IES de Vilalonga.

No que atinxe aos másteres, entran novos o de Redacción de contidos dixitais para márketing e vendas no Fontecarmoa e o de Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información no Instituto IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa). Así mesmo, en FP Dual Xeral entran en funcionamento novos grupos do grao superior de Comercio Internacional e Documentación e administración sanitaria, con 50 prazas cada un deles, ambos no CIFP Fontecarmoa.

Ao longo da xornada presentáronse, entre outras, as opcións para compaxinar os estudos de FP coa vida laboral, a través da oferta modular para adultos. Así mesmo, detallouse o funcionamento da acreditación de competencias, que permite validar os coñecementos adquiridos pola experiencia profesional por unidades de competencia de módulos de FP, o que facilita seguir cursando ciclos formativos ás persoas traballadoras.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/07/2024
318369 {"title":"Román Rodríguez afirma que a oferta de FP no Salnés é unha garantía de futuro e traballo para a mocidade","published_date":"2024-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103512-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"318369"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-11/318369-roman-rodriguez-afirma-oferta-fp-salnes-e-unha-garantia-futuro-e-traballo-mocidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.