Galicia demostra a súa solidariedade fronte a deixadez de funcións do Goberno central e acollerá outros 26 menores migrantes non acompañados

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • "Fronte a inacción, a improvisación e as imposicións do Goberno central, a nosa comunidade seguirá recibindo os menores non acompañados que lle corresponden segundo o reparto", asegurou a conselleira
  • Ao mesmo tempo, a Xunta seguirá reclamando ao Executivo de Sánchez os medios e os recursos necesarios para darlles a atención que precisan

Santiago, 10 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no Pleno da Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia celebrado esta tarde. Na reunión, confirmou que Galicia acollerá outros 26 nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados (NNAMNA) chegados a Canarias e Ceuta, ante a saturación dos recursos destes territorios.

A conselleira defendeu que acoller aos menores non acompañados "é unha cuestión de humanidade" e que "Galicia sempre demostrou e demostrará que é unha comunidade responsable, á altura das circunstancias e, sobre todo, solidaria". Ao mesmo tempo, apuntou, "seguiremos reclamando ao Goberno central os medios e os recursos necesarios para atendelos durante todos os anos que formarán parte do sistema galego de protección".

Fabiola García lamentou que, "fronte o sentidiño de Galicia e o planteamento razoable da maioría das comunidades, o Executivo de Pedro Sánchez volve facer gala da deslealdade". Tamén criticou a ausencia de política migratoria, unha competencia do Goberno central que "intenta descargar toda responsabilidade nas comunidades autónomas ao intentar impoñer de forma unilateral un reparto non negociado con elas".

Condicións e financiamento

A conselleira explicou que acoller un rapaz non é só ofrecerlle aloxamento e cubrir as súas necesidades básicas, xunto á educación e a asistencia sanitaria. Implica, ademais, asumir o compromiso de acompañalo ao longo de toda a súa infancia e adolescencia e axudalo a construír un proxecto vital. "É, polo tanto, algo que hai que tomar moi en serio", salientou.

Nese sentido, Fabiola García reiterou que, para poder facelo en condicións, é necesario "traballar con previsión, planificación e coordinación, contar cunhas regras de xogo claras e equitativas, iguais para todas as comunidades, e dispoñer dos recursos que garantan unha atención axeitada aos menores mentres formen parte do sistema galego de protección, que é o máis importante". Pero o Goberno, concluíu, "limítase á inacción, á improvisación, e ás imposicións".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
318307 {"title":"Galicia demostra a súa solidariedade fronte a deixadez de funcións do Goberno central e acollerá outros 26 menores migrantes non acompañados","published_date":"2024-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278558\/20240708DXRREEXuntanzaCIVEX3.JPG","id":"318307"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-11/318307-galicia-demostra-sua-solidariedade-fronte-deixadez-funcions-do-goberno-central-e-acollera-outros-26-menores-migrantes-non-acompanados https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.