Román Rodríguez celebra a ABAU común como un éxito de Galicia logo de seis anos de reivindicacións

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  •  O conselleiro de Universidades defende realizar esta proba seguindo uns mesmos criterios para "garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado"
  •  Galicia manterá a súa autonomía e competencias, "pero cunha mellor coordinación, quedando blindadas as súas singularidades e respectando a normativa"
Imagen del artículo Román Rodríguez celebra a ABAU común como un éxito de Galicia logo de seis anos de reivindicacións
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, defendeu hoxe no Parlamento de Galicia a importancia dunha ABAU común para todo o territorio español co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades entre todos os mozos e mozas. A medida porase en marcha a partir do vindeiro curso grazas ao traballo iniciado hai anos polo Goberno galego. Como lembrou, o acordo acadado agora entre 12 comunidades autónomas comezou en Galicia en 2018, "con moito traballo e numerosas iniciativas desde entón". 

O titular de Universidades da Xunta lembrou que é unha cuestión de "coherencia e responsabilidade, ao funcionar España como distrito universitario único". "A nosa Comunidade foi unha das grandes promotoras deste acordo que levamos anos reclamando ao Goberno central", engadiu Román Rodríguez, quen criticou a "absoluta parálise do Estado" e a súa "aposta por un modelo que só afonda nas desigualdades".

Grazas a esta iniciativa, o 70% do alumnado español poderá realizar a ABAU a partir do vindeiro curso cuns criterios comúns. Galicia liderou o "debate a nivel nacional e logrou sacar adiante dita iniciativa", remarcou o representante da Xunta.

Principais necesidades desta iniciativa

No que respecta á forma, as persoas que se vaian a examinar terán o mesmo calendario, criterios de corrección e de puntuación, así como o mesmo número de opcións para escoller e número de preguntas nas materias comúns. No que ten que ver co contido das probas, desenvolveranse matrices de especificacións, é dicir, vincularanse os currículos e as competencias específicas cos criterios de avaliación e os saberes básicos. 

Neste contexto, Román Rodríguez lembrou que Galicia manterá a súa autonomía e competencias, "pero cunha mellor coordinación, quedando blindadas as singularidades de Galicia e respectando a normativa vixente", concluíu o conselleiro.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/07/2024
316119 {"title":"Román Rodríguez celebra a ABAU común como un éxito de Galicia logo de seis anos de reivindicacións","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103126-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"316119"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/316119-roman-rodriguez-celebra-abau-comun-como-exito-galicia-logo-seis-anos-reivindicacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.