A Xunta presenta a aceleradora de proxectos 'Xerme Ecommerce' con 23 iniciativas elixidas para dinamizar a economía potenciando o comercio electrónico

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González sinalou que as novas tecnoloxías marcan novos retos cada día, pero tamén inmensas posibilidades de crecemento, como o programa formativo que se pon en marcha por vez primeira da man do Clúster do Ecommerce Galego
  • Co obxectivo de difundir, promover e fomentar a cultura emprendedora no ámbito do ecommerce, apóstase pola formación e pola mentorización no proceso de deseño, desenvolvemento e posta en marcha de iniciativas de comercio electrónico
  • Así, os 23 proxectos escollidos -a maioría asesorados na Rede de polos de emprendemento-, aprenderán a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña partindo de cero, ou modernizando empresas xa existentes

Meaño (Pontevedra), 10 de xullo de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Meaño no acto de presentación da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, en virtude da colaboración co Clúster do Ecommerce Galego. Segundo destacou, trátase do primeiro programa de formación para o emprendemento no ecommerce desenvolvido ao abeiro da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, no que se botará man de profesionais en activo do mundo do comercio electrónico para que un total de 23 iniciativas -a maioría vencelladas á Rede- aprendan a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña.

En palabras do conselleiro, que estivo acompañado polo secretario xeral de Emprego, Pablo Fernández, as novas tecnoloxías marcan novos retos cada día, especialmente para as pequenas e medianas empresas que representan a meirande parte da economía galega, pero tamén inmensas posibilidades de crecemento. Nese contexto, enmárcase esta iniciativa dirixida tanto a novos proxectos no eido do comercio electrónico como a negocios existentes que aposten por acceder ás oportunidades de expansión que ofrece a comercialización dixital.

Apostando pola innovación sen renunciar á identidade, segundo apuntou José González, a través de Xerme Ecommerce avógase pola formación e pola mentorización, con obradoiros, titorización personalizada e sesións docentes para que os emprendedores busquen oportunidades en todos os mercados, apoiados en expertos profesionais na materia.

 O Clúster

Nese senso, o titular de Emprego recoñeceu o labor do Clúster do Ecommerce Galego, pola súa aposta polo desenvolvemento do talento e da competitividade das empresas galegas mediante o apoio, incentivo e promoción do comercio electrónico. Tivo unha mención tanto para as empresas fundadoras como para as adheridas, entre as que se atopa a adega Paco&Loca que acolleu o acto de hoxe.

Tal e como resaltou, a través do Clúster promóvese que convivan empresas nativas dixitais con empresas físicas que teñen unha importante actividade online, facilitando a aprendizaxe mutua.

Engadiu que Iniciativas como a que hoxe bota a andar din moito do bo facer da entidade e, tamén, sobre o afán das galegas e galegos emprendedores por buscar novas opcións de negocio que redunden no beneficio de Galicia.

Rexión Emprendedora Europea

O conselleiro concluíu que colaboracións como esta axúdannos a confirmarnos como Rexión Emprendedora Europea 2025, recoñecemento que vimos de recibir e que valora a estratexia da Xunta a prol de crear actividade económica que xere riqueza e emprego e axude a fixar poboación.

Unha estratexia que tamén se desenvolve con convenios como o aprobado esta mesma semana en Consello, co Clúster da Comunicación de Galicia, para poñer en marcha -por primeira vez tamén- un programa de asesoramento de balde a proxectos emprendedores en materia de márketing e comunicación, para impulsar negocios competitivos neste mesmo marco da Rede de polos.

Unha soa estratexia pero múltiples accións que se seguirán impulsando desde o Goberno galego ao tempo que se poñen a disposición de quen os precise os Polos de emprendemento: 14 xa activos, tras a apertura do de Sarria, que teñen atendido máis de 2.100 proxectos en apenas dous anos. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
315398 {"title":"A Xunta presenta a aceleradora de proxectos 'Xerme Ecommerce' con 23 iniciativas elixidas para dinamizar a economía potenciando o comercio electrónico","published_date":"2024-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102499-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"315398"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-10/315398-xunta-presenta-aceleradora-proxectos-xerme-ecommerce-23-iniciativas-elixidas-dinamizar-economia-potenciando-comercio-electronico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.