O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Ourense, 9 de xullo de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá ao presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense, Santiago Ferreiro.
O delegado mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Ferreiro Pérez, no cal intercambiaron impresións de primeira man para coñecer as necesidades do sector, e avaliar as posibilidades de colaboración en materia de formación.